Comúnicase a todos os interesados na zona de concentración parcelaria de Catoira Norte e Catoira Sur que, por resolución da directora xeral de Desenvolvemento Rural do 7 de setembro de 2021, só se tramitarán as solicitudes de cambio de titularidade que se presenten antes do 15 de outubro de 2021.
Transcorrida a dita data e ata o momento de aprobación do acordo, unicamente se admitirán as solicitudes de cambio de titularidade de parcelas de achega sempre e cando o cambio afecte á totalidade das parcelas achegadas por unha persoa titular e a transmisión se faga íntegramente a outra, coa excepción dos cambios derivados de sentenzas xudiciais firmes.