O mércores 11 de agosto ás 12:00 h preséntase no Concello de Catoira (Sala Celso Emilio Ferreiro) o libro “La Mujer y la Mar”, o resultado dun fermoso proxecto no que se fusionan a fotografía, a paixón polo mar e a promoción da igualdade a través da visibilización das mulleres vinculadas a el dalgún xeito.
O proxecto foi levado a cabo por Laura Prego e Raimon Moreno, dous fotógrafos que durante unha década tomaron imaxes en diferentes lugares da costa, entre eles a Romaría Vikinga de Catoira. Por este motivo, o alcalde, Alberto García, decidiu colaborar cunha achega de 300 euros na campaña de micromecenazgo mediante a que se financiou a edición impresa deste “caderno de bitácora”.