A curtametraxe ”[IN]VISIBLE LUZ”, realizada pola Escola Municipal de Teatro de Catoira, está xa dispoñible no canal de YouTube do Concello. Esta peza audiovisual foi creada a partir da representación teatral dun fragmento do libro “Invisibles. Relatos do maltrato” de Montse Fajardo, que pretende visibilizar e erradicar a violencia contra as mulleres. A obra estreouse no auditorio de Catoira o día 29 de novembro de 2020, cunha magnífica acollida entre o público, e volveuse representar o día 18 de decembro para o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do CPI Progreso de Catoira.
A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención para esta iniciativa por importe de 1839,20 €.
Agradecemos o grande esforzo e a colaboración de todas as persoas implicadas neste proxecto.
Elenco:
María Cruz Conde Conde
Élida Míguez
Ana Touriño Grela
Julia Riveiro Castiñeiras
Pedro Rey
Eva Rodriguez Carril
Dramaturxia e dirección: Tero Rodríguez
Texto orixinal: Invisibles de Montse Fajardo Pérez
Espazo sonoro: Juan Manteiga
Cámara, edición e montaxe: Breogán Martínez
Música: Néboa