En Catoira, ao igual que na maior parte de Galicia, a evolución dos contaxios derivados do Covid-19 está sendo negativa ao longo destes últimos días, alcanzando unha incidencia acumulada de casos superior a 250, por cada 100.000 habitantes, o que vai a elevar ao noso municipio ao nivel de restricións máximo, ao abeiro do Decreto 3/2021 e da Orde da Conselleira de Sanidade, publicada o día 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de  2020,  pola  que  se  establecen  medidas  de  prevención  específicas  como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para poder superar este escenario, e regresar á normalidade canto antes, é necesario pedir a toda a veciñanza un maior grao de responsabilidade individual e colectiva, polo que lles solicitamos que cumpran coas medidas establecidas por parte da Xunta de Galicia.

Dende o Concello de Catoira estamos en contacto permanente con todas as administracións, en concreto, coa autoridade sanitaria a través da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e o Salnés, para analizar a evolución da incidencia que presenta a enfermidade dentro do noso termo municipal e estudar se é necesaria adoptar medidas ao respecto. Unha delas xa acordada, foi a suspensión das actividades programadas polo Entroido, e que se ían celebrar o vindeiro mes de febreiro.

Calquera veciño/a que se atope afectado pola enfermidade, pode poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais, para que poidan facilitarlle o antes posible a axuda que poida necesitar, xa que ó Concello non pode dispoñer dos seus datos persoais.

Nesta web, iremos publicando a información facilitada pola Consellería de Sanidade (tamén pode obterse no seguinte enlace:  https://coronavirus.sergas.gal/datos/), para que a veciñanza poida consultar a evolución da enfermidade no termo municipal de Catoira, e en Galicia.

Desexámoslle a toda a veciñanza afectada que teñan unha pronta recuperación, pedimos unha vez máis, que se cumpra coas medidas de prevención vixentes e reiteramos que a veciñanza que necesite axuda se poña en contacto co Concello.

Top