A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención por importe de 1839,20 € para financiar a posta en escena e a produción audiovisual da obra”[IN]VISIBLE LUZ”, da Escola Municipal de Teatro de Catoira. Esta peza, creada a partir dun fragmento de “Invisibles. Relatos do maltrato” de Montse Fajardo, estreouse no auditorio de Catoira o día 29 de novembro, cunha magnífica acollida entre o público. Volveuse representar o día 18 de decembro para o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do CPI Progreso de Catoira.
Proximamente publicaremos o vídeo completo desta dramatización.
Agradecemos o grande esforzo e a colaboración de todas as persoas implicadas neste proxecto.
Elenco:
María Cruz Conde Conde
Élida Míguez
Ana Touriño Grela
Julia Riveiro Castiñeiras
Pedro Rey
Eva Rodriguez Carril
Dramaturxia e dirección: Tero Rodríguez
Texto orixinal: Invisibles de Montse Fajardo Pérez
Espazo sonoro: Juan Manteiga
Cámara, edición e montaxe: Breogán Martínez
Música: Néboa