O Concello de Catoira está a traballar nun proxecto de recuperación da Capela de Santiago, que forma parte do conxunto monumental das Torres de Oeste.

A actuación conta cun orzamento de 8231 euros, e inclúe a reposición da campá da capela, que foi roubada hai uns anos, así como a reinstalación do perpiaño de pedra da espadana e da cruz que a coroa. Tamén está prevista a restitución das pequenas ventás das bufardas, con cristal antivandálico, e o acondicionamento das dúas portas. No interior vaise actuar na mellora do estucado.

Ademais, xa se procedeu a realizar labores de limpeza nas pedras das paredes das torres, eliminando toda a vexetación enraizada.

Top