O vindeiro venres, 13 de novembro, celébrase no Auditorio Municipal o acto de presentación do proxecto “Castelao e os irmáns da liberdade”, que inclúe unha exposición e a proxección dun filme.
Esta actividade prográmase coincidindo co 70 cabodano de Castelao e o centenario da Xeración Nós (1920-2020). É unha oportunidade para homenaxear o ideario fondamente humanista, transformador e sempre actual de Castelao, protagonista desa xeración histórica que, a través da produción artística e cultural, a defensa da nosa lingua e a actuación política posterior, se percatou do seu deber social de crear para sempre a cultura galega.
O acto terá lugar o 𝘃𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟯 𝗮́𝘀 𝟮𝟬:𝟬𝟬 𝗵.
O aforo do Auditorio é de 60 prazas, que poden reservarse enviando os 𝗻𝗼𝗺𝗲𝘀 𝗲 𝗮𝗽𝗲𝗹𝗶𝗱𝗼𝘀 𝗲 𝘂𝗻 𝘁𝗲𝗹𝗲́𝗳𝗼𝗻𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮𝗰𝘁𝗼 ao correo 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮@𝗰𝗮𝘁𝗼𝗶𝗿𝗮.𝗴𝗮𝗹 ou no teléfono 𝟵𝟴𝟲𝟱𝟰𝟲𝟬𝟭𝟰 (ext. 2).
Seguiranse as medidas sanitarias establecidas frente ao Covid19.
Trailer do filme:
Top