O Equipo de Goberno está a traballar en medidas para facilitar o reinicio da actividade deportiva dos clubs locais, cando estes así o decidan, atendendo á normativa e recomendacións das autoridades sanitarias. Neste sentido, o alcalde xa mantivo contactos cos directivos do Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga e co club de fútbol Catoira SD, a quen lles ofreceu máscaras para distribuír entre os deportistas, así como a posibilidade de que o persoal do Concello leve a cabo as tarefas de desinfección diaria das instalacións do campo das Lombas e do edificio de deportes náuticos. Ambas medidas foron recibidas moi favorablemente polas directivas.