O Concello de Catoira informa que acaba de recibir unha cisterna para a desinfección dos espazos públicos máis frecuentados, co fin de previr a expansión do coronavirus, grazas ás familias que forman Martín Códax. ás/aos socias/os desta cooperativa vitivinícola que están cedendo de forma altruísta as súas máquinas.
Estas tarefas de desinfección realizaranse con lixivia diluída en auga, de acordo coas recomendacións do persoal médico do centro de saúde. Por este motivo, esta noite a partir das 21:00 h, non poderán circular persoas polas seguintes zonas: inmediacións do centro médico, Avenida Eloy Domínguez, Rúa da Estación, urbanización das Lombas, paradas de autobuses. Tamén se roga que non se deixen estacionados vehículos no casco urbano e as zonas citadas, co fin de facilitar a mobilidade do tractor-cisterna e os traballos a realizar.
Agradecemos a colaboración de todas/os e pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. O noso empeño non é outro que o de poñer fin canto antes a esta crise sanitaria.
FOTOGRAFÍAS cedidas por Voz de Galicia/Mónica Irago

Top