XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA.-
FAI SABER:

1º.- Que o goberno de España declarou, mediante Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, o ESTADO DE ALARMA para a xestión da situación crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, máis coñecido por “Coronavirus”.
2º.- Que o devandito ESTADO DE ALARMA conleva unha severa limitación na liberdade de circulación das persoas, que só poderán circular polas vías de uso público para a realización das actividades que se recollen no artigo 7 do citado Real Decreto 463/2020.
3º.- Que, por outra parte, e segundo as instrucións ditadas tanto no Estado como na Xunta de Galicia, as administracións públicas están obrigadas a facilitar medidas que favorezan o traballo dende as súas casas aos empregados públicos, e sempre que sexa viable a prestación dos servizos públicos por medios non presenciais.
Na súa consecuencia, e co ánimo de contribuír ao esforzo común para paliar esta situación de emerxencia da saúde pública, e manter, na medida do posible, a prestación dos servizos públicos municipais sen risco para a saúde dos empregados públicos e dos administrados, ACÓRDASE:
I.- Os servizos administrativos municipais funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas, en réxime de servizos mínimos, segundo a organización interna que esta Alcaldía estableza, unha vez consultada a representación sindical dos traballadores.
II.- Os administrados serán atendidos de forma telemática, a través da sede electrónica ou chamando ao teléfono do Concello 986 54 60 14.
III.- En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos, e só para aqueles casos de urxente necesidade, o persoal do Concello atenderá presencialmente, previa petición de cita telefónica, no horario sinalado no apartado I.

Catoira, 16 de marzo de 2020.

BANDO SOBRE MEDIDAS DE PREVENCIÓN POR CORONAVIRUS

XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA.-
FAI SABER:

Ante as recomendacións da Consellería de Sanidade, o Goberno Local decidiu adoptar as seguintes medidas para previr os contaxios por coranavirus.
Lamentamos as molestias que se poidan ocasionar e rogámoslle a toda a veciñanza que manteña a calma e siga as indicacións das autoridades sanitarias.
MEDIDAS DE DISTANCIAMENTO SOCIAL E PREVENCIÓN DE CONTAXIO POR CORONAVIRUS
O Goberno Local do Concello de Catoira acordou tomar unha serie de medidas encamiñadas a garantir o distanciamento social e previr o contaxio por coronavirus entre a veciñanza de Catoira, que entran en vigor o venres día 13 de marzo de 2020 e que estarán vixentes durante un período de 14 días, sempre a expensas da evolución da situación e das instrucións das autoridades competentes.
Primeiro.- Todos os centros sociais e culturais e todas as instalacións municipais (Escola Infantil de Dimo, CEMUMA, Aula CeMIT, Centros Sociais das parroquias, pavillón….) permanecerán pechadas e todas as actividades que alí se celebran permanecerán canceladas. Tan só se manterán abertas as oficinas municipais e Xulgado de Paz para trámites urxentes. Todas as xestións deberán realizarse preferentemente por vía telefónica e sede electrónica.
Segundo.- Todas as actividades culturais, deportivas ou sociais ou de calquera outra natureza, sexan organizadas polo Concello ou celebradas en instalacións municipais quedarán canceladas.
Terceiro.- Todos os cursos de formación, e outras actividades dependentes do Concello ou celebradas en instalacións municipais, tales como clases de música, teatro, etc. quedarán canceladas.
Cuarto.- As instalacións deportivas do Concello de Catoira permanecerán pechadas, incluídos campos de fútbol, polideportivo, etc.
Quinto.- Recomendamos tamén, na medida do posible, evitar os lugares públicos tales como parques infantís.
As medidas sinaladas quedan condicionadas a calquera variación que determinen as autoridades competentes autonómicas ou estatais.

Catoira, 13 de marzo de 2020

Top