A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ven de conceder unha subvención de 23.727,99 euros para mellorar infraestruturas e equipamentos da Escola Infantil Municipal. A achega permitirá levar a cabo obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas, adquisición e mellora do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo, e dotación de conexión a internet e compra de dispositivos (ordenadores, pizarras dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares), con destino á Escola Infantil Municipal, de 0 a 3 anos.
De seguido procederase a tramitar o oportuno expediente de contratación para que tanto as obras menores como o subministro do equipamento poida realizarse no prazo máis breve posible.

Top