O alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño, presentou esta unha denuncia ante a Garda Civil para denunciar novos actos de vandalismo cometidos no edificio situado no recinto de Pedras Miúdas.

Segundo se puido constatar, persoas descoñecidas entraron no interior do centro destinado a Aula Ambiental, situado a carón da lagoa Pedras Miúdas, e levaron a cabo desfeitas nas instalacións eléctricas, no falso teito, no piso de madeira, entre outros, ata tal punto de que se subtraeron a maioría dos elementos existentes, deixando o edificio nunha situación que o fai inservible para o fin para o que estaba destinado.

Por este motivo, o alcalde solicita á Comandancia que se dean as ordes oportunas e que se realice unha visita ao lugar ao obxecto de comprobar os danos existentes e iniciar as dilixencias pertinentes para o esclarecemento dos feitos e a identificación dos responsables.

Castaño lamenta o sucedido e insta á cidadanía a respectar e coidar os espazos e instalacións públicas, xa que os danos producidos supoñen un importante prexuízo para todos/as os/as veciños/as de Catoira.

Top