O venres 2 de novembro preséntase en Catoira o libro “Aceptando el reto de sanar”, de Natalia Prego Cancelo. O acto será na sala Celso Emilio Ferreiro, do Edificio Multiusos, a partir das 20:00 horas. A autora, médica de familia, presentará esta obra autobiográfica, na que describe a súa viaxe de vida, dende a enfermidade ata a saúde, dende a pena ata a alegría, chegando a descubrir por qué o ser humano é maís que un corpo físico e por qué o que sentimos determina gran parte da nosa vida.
Saber e coñecer os mecanismos polos que enfermamos ou non, é un dos obxetivos deste libro. Tendo tamén como finalidade, salientar a importancia de ser conscientes en cada momento do que pensamos, sentimos, facemos, para poder así ter fortaleza, autonomía e saúde. Para poder así levar a vida que queremos, a vida que soñamos.

Top