O VII Congreso Internacional de adestradores de piragüismo en augas tranquilas de Catoira logrou superar as 200 inscricións, calculando a organización que a cifra total roldará os 250 participantes.

O evento, que se celebra entre o 25 e 28 de outubro, contará coa presenza dos medallistas olímpicos Maialen Chourraut e Saúl Craviotto. Tamén destaca a participación de Jean-Michel Prono, presidente do ICF Canoe Slalom Committee, que centrará a súa intervención na evolución técnica e sistema de vídeo arbitraxe.

As persoas interesadas en asistir poden obter máis información, consultar o programa completo de relatorios e realizar a súa inscrición na web www.congresocatoira.es. Así o fixeron xa máis de 200 deportistas procedentes de 15 países, entre eles Suecia, Finlandia, Dinamarca, República Checa, Palestina, India ou México.

Top