(03/08/2018) Informamos de que as entradas en billeteira do espectáculo “Follow the Vikings” para este venres 3 de agosto están ESGOTADAS. A organización non garantiza que haxa asentos para todo o público.
CARTEL ROMARÍA VIKINGA 2018
__________________________SÁBADO 28 DE XULLO _________________________
II FEIRA VIQUINGA – ESCOLA MUNICIPAL ÚRSULA TEATRO DE CATOIRA
- 10:00 a 21:00 h – Postos de artesanía vikinga e celta na Alameda do Concello
- 13:00 h – Representación de Midgard. A Creación na Avenida Eloy Domínguez
- 23:30 h – II Andaina de lenda e misterio (saída da Fonte Gaiteira)
DURANTE TODA A XORNADA HABERÁ DIVERSAS ACTIVIDADES E XOGOS NA ALAMEDA DO CONCELLO
__________________________DOMINGO 29 DE XULLO ________________________
II FEIRA VIQUINGA – ESCOLA MUNICIPAL ÚRSULA TEATRO DE CATOIRA
- 10:00 a 21:00 h – Postos de artesanía vikinga e celta na Alameda do Concello
- 13:00 h – Representación de Midgard. A Creación na Praza Doutor Vázquez (estación ffcc)
- 19:00 h – Actuación do mago Dani García co espectáculo “Código”. Alameda do Concello
DURANTE TODA A XORNADA HABERÁ DIVERSAS ACTIVIDADES E XOGOS NA ALAMEDA DO CONCELLO
20:30 h / Auditorio Municipal / CONCERTO DAS BANDAS DE MÚSICA DE CATOIRA, BOIRO E LOUSAME
(Entrada libre ata completar aforo)
__________________________XOVES 2 E VENRES 3 DE AGOSTO __________________________
22:30 h / Recinto Torres de Oeste / ROADSHOW “FOLLOW THE VIKINGS”
Espectáculo itinerante internacional. Únicas funcións en España.
Entrada: 2 euros (venda anticipada na Biblioteca Municipal e na billeteira os días de función)
A vida e a época do poeta guerreiro Egill Skallagrímsson é a fonte de inspiración dun impactante espectáculo audiovisual que combina o teatro coa música e a danza.
Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.
__________________________VENRES 3 DE AGOSTO _______________________________
17:30 h – IV DESCENSO VIKINGO EN PIRAGUA. TELLEIRAS – CATOIRA
Inscricións no teléfono 686 929 930
20:00 h / Sala Celso Emilio Ferreiro / VIQUINGOS DO NORTE / Andreas Forsgren, arqueólogo.
Charla sobre os viquingos como guerreiros, comerciantes, navegantes e exploradores.
__________________________SÁBADO 4 DE AGOSTO ________________________________
11:30 h / Praia Fluvial de Catoira / III REGATA MEMORANDUM FELIPE ARAGUNDE DE PROMOCIÓN DE PIRAGÜISMO.
18:30 h / Avenida Eloy Domínguez / ACTUACIÓN DE LOS GASCONES (Música medieval)
19:00 h / Avenida Eloy Domínguez / XOGOS VIQUINGOS – Andreas Forsgren, arqueólogo
20:00 h / Avenida Eloy Domínguez / PABLO TRASNO – Espectáculo de malabares
21:30 h / Recinto Torres de Oeste / CEA VIKINGA
Venda de entradas na Biblioteca Municipal ata o 27 de xullo
00:00 h / Recinto Torres de Oeste / NOITE DE LUZ – TROULA ANIMACIÓN
Entrada libre
00:30 h / Praia Fluvial / VIKINSONS:
VERSIÓN B
FALPERRYS (bandcamp / facebook / youtube)
LISKA! (bandcamp / facebook / youtube)
BAIUCA (bandcamp / facebook / youtube)
Entrada libre
__________________________DOMINGO 5 DE AGOSTO _____________________________
- RECINTO TORRES DE OESTE
10,00 h – Desfile de grupos folclóricos desde a Praza do Concello ata o recinto das Torres de Oeste. Mexillonada e viño tinto do Ulla e mercado medieval.
11:00 h – ACTUACIÓN DE LOS GASCONES (Música medieval)
11:30 h – ACTUACIÓN DE AMONTONADOS POR AZAR (Clown)
12,15 h – TROULA ANIMACIÓN (Vikingos)
13,00 h – DRAMATIZACIÓN DO DESEMBARCO VIKINGO E DEFENSA DAS TORRES DE OESTE
13,30 h – TROULA ANIMACIÓN
14:15 h – ACTUACIÓN DE AMONTONADOS POR AZAR (Clown)
16:00 h – ACTUACIÓN DE LOS GASCONES (Música medieval)
- ALAMEDA DO CONCELLO
15,00 h – 22:00 h – XOGOS POPULARES
22,30 h – ROI CASAL: SON GALEGO, SON CUBANO (Entrada libre)
Organiza:
- Concello de Catoira
Colaboran:
- Consello de Europa
- Destination Viking Association
- Follow the Vikings
- Xunta de Galicia / Axencia Turismo de Galicia
- Marca Galicia
- Abanca
- Deputación de Pontevedra/Ano da Lingua/Pontegal
Ábrese o prazo de inscrición para participar no Desembarco Vikingo
O luns 2 de xullo ábrese o prazo para inscribirse como tripulación das embarcacións para participar no Desembarco Vikingo da 58 edición da Romaría Vikinga.
- REQUISITOS: Ser maior de idade e aceptar as normas establecidas pola Dirección General de la Marina Mercante do Ministerio de Fomento.
- INSCRICIÓN: No departamento de Cultura do Concello (Tf. 986546014) ou a través da sede electrónica, onde se pode descargar o formulario.
- DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do DNI e formulario de inscrición cuberto e asinado.
- PRAZO: Do 2 de xullo ata o 24 de xullo de 2018.
As prazas cubriranse por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Catoira con anterioridade ó 2 de xullo de 2018 e que participaran en edicións anteriores.
Ábrese o prazo para a compra de entradas para a Cea Vikinga
O luns 2 de xullo ábrese o prazo para mercar as entradas para asistir á Cea Vikinga, que se celebra o sábado 4 de agosto no recinto das Torres de Oeste a partir das 21:30 horas.
O custo da entrada é de 20 euros para os adultos maiores de 14 anos, e de 12 euros para os menores de 14 anos. Poderán adquirirse na Biblioteca Pública Municipal (tf. 986546801 / bpm.catoira@gmail.com) ata o 27 de xullo de 2018. O menú consta de mexillóns, polbo, churrasco, sobremesa e bebida. Os asistentes deberán acudir con vestiario de época viquinga/medieval.
Os participantes non poderán acceder á carpa con armas nin bebidas e deberán respectar en todo momento as instalacións, o persoal e os demais comensais.
Mercado Romaría Vikinga
Con motivo da Romaría Vikinga 2018 o Concello de Catoira abreu o prazo para as solicitudes de instalación de postos.
Para poder instalar un posto en calquera espazo público do municipio de Catoira é necesario facer a inscrición con anterioridade. O formulario de inscrición deberá entregarse debidamente cuberto no Rexistro do Concello, ou ben envialo por fax ao número 986546217 ou ao correo electrónico monica.catoira@gmail.com indicando no concepto “Mercado Romaría Vikinga 2018”.
O prazo de inscrición comeza o 15 de xuño e finaliza o 27 de xullo de 2018.
No recinto das Torres de Oeste instalarase o mercado medieval.no cal os postos deben estar acondicionados con materiais da época (madeira, cortiza, teas, canizo) ou, cando menos, non serán visibles para o público outros materiais como plástico ou semellantes. Tódalas persoas que atendan os postos teñen que ir vestidos de época obrigatoriamente, coidando tamén os complementos.
As bases reguladoras do funcionamento do mercado así como o formulario de solicitude atopánse na sede electrónica e deberán presentarse no Rexistro do Concello ou enviando a solicitude por correo electrónico ao enderezo monica.catoira@gmail.com indicando no asunto “Mercado Romaría Vikinga”.
Exibición e venda de produtos de creadores e artesáns – Feira Vikinga
O sábado 28 e o domingo 29 de xullo vaise celebrar una Feira Vikinga na Alameda do Concello na que se instalarán postos de exhibición e venda de productos realizados por creadores e artesáns.
As solicitudes presentaranse desde o 2 de xullo ata o xoves 26 de xullo no Rexistro do Concello ou enviando a solicitude por correo electrónico ao enderezo monica.catoira@gmail.com indicando no asunto “Feira Vikinga”. O modelo de solicitude pode descargarse na sede electrónica.