O Concello de Catoira acolle en xuño un curso de verán da Universidade de Vigo baixo o título “Aportacións e beneficios da xenética para a Humanidade. Que debo saber?”. Este encontro reunirá a destacados investigadores e especialistas do ámbito da xenética.
Esta acción formativa, que se dirixe especialmente a estudantes do ámbito sociosanitario e biolóxico, persegue os seguintes obxectivos:
- Entender os mecanismos básicos da herdanza, da variabilidade xenética e da biodiversidade.
- Comprender a importancia da xenética como base das enfermidades humanas.
- Entender a importancia da xenética na comprensión da nosa lingua e cultura.
- Entender os mecanismos básicos da xenética de poboacións e evolutiva e as súas aplicacións no campo da conservación.
- Comprender a importancia da mutación xenética e a consanguinidade na diversidade xenética, a evolución, a conservación e a saúde.
- Entender a importancia do método científico.
- Adquirir capacidades para desenvolver actitudes críticas baseadas no coñecemento e na ética.
Algúns dos relatores destacados son Ángel Carracedo, David Posada, María Rosaura Leis ou Antonio Salas.
O curso celébrase do 25 ao 28 de xuño no Auditorio Municipal de Catoira. Consta dun total de 37 horas lectivas e 1,2 créditos de libre configuración. As 70 prazas dispoñibles cubriranse por orde de solicitude. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través da web www.culturxest.uvigo.es
Máis información:
Manuel Isorna Folgar
Telf. 620859358