O 28 de febreiro presentouse no CPI Progreso de CAtoira o traballo Xaque a Jakobusland, de Pablo Culebras, composto dun xogo de xadrez temático e un libro explicativo sobre as incursións viquingas. Este proxecto busca sumar ao atractivo do xadrez outros aspectos históricos, estéticos e lúdicos, e de paso divulgar algún dos tesouros pouco coñecidos da nosa historia e do seu legado.