INAUGÚRASE NO CACTO A EXPOSICIÓN “KRISTINA BERG. UNHA MOZA VIQUINGA”

Esta mañá quedou inaugurada a mostra “Kristina Berg. Unha moza viquinga” na sala do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) que leva o seu nome. Ao acto asistiron o comisario da mostra, Gustavo A. Garrido, o administrador da fundación, Håkan Olof Casares, o alcalde de Catoira, Alberto García e o tenente alcalde Javier César.

O fillo de Casares mostrouse moi emocionado e agradecido por unha iniciativa que pon en valor a figura da súa nai, unha muller que tamén tivo unha importante vocación intelectual pero que “foi quen de comprender a dedicación que precisaba Carlos Casares para desenvolver a súa traxectoria literaria e xornalística”. O alcalde tamén destacou a estreita relación que mantivo coa familia Casares, vínculo que comezou hai máis de tres décadas.

A EXPOSICIÓN:

O ano pasado, 2022, cumpríase o décimo cabodano do falecemento de Kristina Berg, viúva de Carlos Casares e primeira presidenta da fundación que vela pola súa memoria. Contra o final do ano, o Concello de Catoira decidiu dar o nome de Kristina Berg á sala de exposicións temporais do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste, o CACTO. E non vemos outro espazo mellor que este, onde Galicia conecta con Escandinavia, para recibir a primeira exposición que se fai sobre ela.

As vinte fotografías que se expoñen son unha primeira achega á súa figura, e en absoluto esgotan o proxecto en marcha de crear unha gran exposición sobre a vida de Kristina Berg Casares. Ao contrario, non pasan de ser o seu primeiro chanzo. A maior parte das fotografías que o visitante pode ver foron tomadas por Carlos Casares, polos seus fillos, e polos familiares de Kristina Berg. Outras, por fotógrafos profesionais ou amadores anónimos, e pretenden ser un tributo a unha moza viquinga que dedicou a Galicia dous terzos da súa vida.

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CATOIRA PARA “ACONDICIONAMENTO DA PRAZA DE SANTA BAIA”

A Deputación Provincial de Pontevedra, concedeu ó Concello de Catoira, ó abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2022-2023)”, liña 1, unha subvención de 20.158,60 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “ACONDICIONAMENTO DA PRAZA DE SANTA BAIA”, cun orzamento total polo mesmo importe.

A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 23 de novembro de 2022, e comunicada á administración municipal nesa mesma data.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PLAN CONCELLOS – SANTA BAIA 23 (05-2023)

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CATOIRA PARA “PAVIMENTACIÓN E ILUMINACIÓN DO CAMPO DA FESTA DE ABALO”

A Deputación Provincial de Pontevedra, concedeu ó Concello de Catoira, ó abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2022-2023)”, liña 1, unha subvención de 21.022,54 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “PAVIMENTACIÓN E ILUMINACIÓN DO CAMPO DA FESTA DE ABALO”, cun orzamento total polo mesmo importe.

A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 24 de novembro de 2022, e comunicada á administración municipal nesa mesma data.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PLAN CONCELLOS – ABALO 23 (05-2023)

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CATOIRA PARA “IMPERMEABILIZACIÓN DE PAVILLÓN POLIDEPORTIVO”

A Deputación Provincial de Pontevedra, concedeu ó Concello de Catoira, ó abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2022-2023)”, liña 1, unha subvención de 48.308,65 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “IMPERMEABILIZACIÓN DE PAVILLÓN POLIDEPORTIVO”, cun orzamento total polo mesmo importe.

A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 15 de novembro de 2022, e comunicada á administración municipal ao día seguinte.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PLAN CONCELLOS – POLIDEPORTIVO (05-2023)

 

DOUS NOVOS ESPECTÁCULOS COMPLETAN A PROGRAMACIÓN DA ROMARÍA VIKINGA O DOMINGO 6 DE AGOSTO.

Na alameda do Concello actuarán:

– Ás 19:00h Rudi Dudi co seu espectáculo “Clownamorado”
– Ás 20:30 h Concerto de TOR – Folk céltico da Galiza

“Clownnamorado” de Rudi Dudi:

Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O show cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos. Ata que un tropezo lévao a un xogo inesperado que o arma coa suficiente valentía para dar o salto ao baleiro e declararse coa axuda imprescindible do público… Levará un pau? Ou xurdirá o amor? Unha comedia xestual e interactiva para toda a familia.

TOR – Folk céltico da Galiza:

O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.
Ademais incorporan temas ibéricos das tradicións musicais portuguesa, vasca ou castelá.

 

PROGRAMA ROMARÍA VIKINGA 2023

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: KRISTINA BERG – UNHA MOZA VIQUINGA

A sala Kristina Berg do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) acollerá a exposición fotográfica: “Kristina Berg – Unha moza viquinga” do 10 de maio ao 11 de xuño.

A EXPOSICIÓN:

O ano pasado, 2022, cumpríase o décimo cabodano do falecemento de Kristina Berg, viúva de Carlos Casares e primeira presidenta da fundación que vela pola súa memoria. Contra o final do ano, o Concello de Catoira decidiu dar o nome de Kristina Berg á sala de exposicións temporais do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste, o CACTO. E non vemos outro espazo mellor que este, onde Galicia conecta con Escandinavia, para recibir a primeira exposición que se fai sobre ela.

As vinte fotografías que se expoñen son unha primeira achega á súa figura, e en absoluto esgotan o proxecto en marcha de crear unha gran exposición sobre a vida de Kristina Berg Casares. Ao contrario, non pasan de ser o seu primeiro chanzo. A maior parte das fotografías que o visitante ten diante foron tomadas por Carlos Casares, polos seus fillos, e polos familiares de Kristina Berg. Outras, por fotógrafos profesionais ou amadores anónimos, e pretenden ser un tributo a unha moza viquinga que dedicou a Galicia dous terzos da súa vida.

Folleto Kristina Berg

O CONCELLO DE CATOIRA ACOLLE A EXPOSICIÓN “FOTONATUREZA” DE RAMÓN ENCISA

O venres 12 de maio, ás 12 horas, inaugúrase na sala Luis Seoane do Edificio Multiusos de Catoira a mostra de fotografía “Exponatureza”, do vilagarcián Ramón Encisa.

A exposición recolle unha parte do extenso e moi valioso traballo de documentación fotográfica da flora e fauna que nos rodean, levado a cabo por Encisa durante máis de catro décadas. A través da súa mirada poderemos observar aves, bolboretas, orquídeas e fungos de boa parte da xeografía galega. Con esta mostra, o Concello de Catoira e Ramón Encisa pretenden dar a coñecer estas especies, sobre todo entre a poboación máis nova, e animar á cidadanía a manter un maior contacto, de forma respectuosa, coa natureza.

“Fotonatureza” poderá visitarse ata o 2 de xuño.

ALBERTO GARCÍA INSTA A IMPLANTAR A INTERMODALIDADE ENTRE A ESTACIÓN DE TREN DE CATOIRA E A COMARCA DO BARBANZA

O alcalde de Catoira, Alberto García, continúa realizando xestións para mellorar o servizo ferroviario do municipio.

Tralo encontro mantido o pasado 4 de abril con representantes de Comisións Obreiras, esta mañá reuniuse con Manuel Tomé e Susi Sixto, presidente e administradora da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomas da Pobra do Caramiñal. Neste encontro acordaron traballar conxuntamente na busca de apoios para que a estación de ferrocarril de Catoira sexa a de referencia para a comarca do Barbanza. Na mesma liña do acordado cos representantes sindicais a principios deste mes, consideran necesario apostar pola intermodalidade, establecendo os medios de transporte que sexan necesarios para facilitar á poboación dos municipios de Rianxo, Boiro, Ribeira e Pobra do Caramiñal os desprazamentos en tren de proximidade e de media e longa distancia. Isto é especialmente necesario para os/as estudantes que se desprazan ás principais cidades e que, na actualidade, teñen que dispoñer de familiares ou achegados que os trasladen á estación en vehículos privados.

O establecemento da intermodalidade é unha responsabilidade da Xunta de Galicia, e o incremento de paradas do Goberno do Estado. Por este motivo, vanse solicitar entrevistas cos responsables da Xunta e de Renfe a este respecto. Tomé  e Sixto tamén se comprometeron a dirixirse a outras asociacións de empresarios e alcaldes da comarca para que se sumen a estas reivindicacións.

O CONCELLO REDACTA E APROBA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DO COMPLEXO DEPORTIVO DE CATOIRA EN OESTE.

O alcalde xestionou ante a Deputación a financiación do mesmo, que ascende a 401.374,56 €

Proponse un edificio lixeiro que se configura fundamentalmente mediante unha cuberta. Baixo ela alóxanse unha pista de tenis e dúas de pádel. Para a cuberta exponse unha estrutura metálica de grandes luces que contribúa ao carácter de lixeireza e provisionalidade da edificación resolta mediante un conxunto de cerchas e correas lixeiras con lucernarios en forma de dente de serra.

Ademais das pistas deportivas, proxéctase un bloque de planta baixa, contiguo á fachada suroeste da cuberta, destinado a vestiarios e outros servizos (almacéns e instalacións), construído por unha envolvente contigua de formigón armado visto.

Baixo esta cáscara constrúese o edificio de vestiarios.

O CONCELLO DE CATOIRA PRESENTA A PROGRAMACIÓN DA ROMARÍA VIKINGA 2023

Este venres, 21 de abril, o alcalde, Alberto García, presentou no Museo de Estrella Galicia (A Coruña) a programación da 63 edición da Romaría Vikinga, que se celebra na primeira semana de agosto. O alcalde estivo acompañado de Loreto Rodríguez, responsable de medios ganados de Estrella Galicia, entidade patrocinadora da Romaría; Nuria Bouzas Loureiro, autora do cartel desta edición; e Fátima I. Rey, directora da Escola Municipal Úrsula Teatro de Catoira.

A presentación estivo precedida dunha breve dramatización a cargo dunha ducia de actrices e actores da Escola de teatro, que serviu como aperitivo do que chegará en agosto.

Unha das novidades que se inclúen este ano é a conversión da Cea Vikinga nun xantar. Despois da interrupción desta actividade durante a pandemia, o sábado 5 de agosto retómase este demandado evento, pero coa novidade de que este ano se converterá nun “Xantar vikingo”, para non solaparse con outras actividades, especialmente a programación nocturna do festival Vikinsons. Precisamente, o cartel do festival musical é outro dos pratos fortes desta edición, que contará coas actuacións de Celtas Cortos, Dakidarría, Luar na Lubre e o exitoso grupo de música nórdica Skáld, entre outros.

PROGRAMA 63 ROMARÍA VIKINGA

MARTES 1, MÉRCORES 2 E XOVES 3 DE AGOSTO / 22:15 h / Recinto das Torres de Oeste

Teatro: “Un neno vikingo”, baseada na obra de Kristina Berg


XOVES, 3 DE AGOSTO / 21:00 h / Recinto das Torres de Oeste

Concerto: Clara Pino & Pablo Vidal


VENRES 4 DE AGOSTO:

Pasarrúas de Upsala Medieval desde a Alameda do Concello ata a Praia Fluvial

Vikinsons / 22:00 h / Alameda da Praia Fluvial de Catoira. Concertos de:


SABADO 5 DE AGOSTO:

Xantar Vikingo / 14:30 h / Recinto das Torres de Oeste

Mercado medieval

Desfile infantil de vestiario viquingo

Actuacións de Upsala Medieval

19:30 h – Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona

Pasarrúas de Upsala Medieval desde o Recinto das Torres de Oeste ata a Praia Fluvial.

Vikinsons / 21:00 h / Alameda da Praia Fluvial de Catoira. Concertos de:

  • Bloody Sunrise


DOMINGO 6 DE AGOSTO

Desembarco Vikingo / Recinto das Torres de Oeste

10,00 h Pasarrúas de grupos folclóricos desde a Alameda do Concello ata o recinto das Torres de Oeste.

11,00 h Mexillonada e viño tinto do Ulla e mercado medieval no recinto das Torres de Oeste

12,00 h Actuacións de Troula e Upsala Medieval nas Torres de Oeste

12,30 h Dramatización do desembarco vikingo nas Torres de Oeste

13,45 h Actuacións de Troula e Upsala Medieval nas Torres de Oeste

14,00 h Xantar campestre

 

Top