PONSE EN MARCHA O SERVICIO CONCILIA VERÁN NO CONCELLO DE CATOIRA

Esta mañá iniciouse o programa Concilia Verán no Concello de Catoira. Un total de 138 nenas e nenos foron inscritos neste servizo de conciliación da vida laboral e familiar, que se presta en horario de 8:30 a 14:00 horas.

A posta en marcha desta iniciativa, prevista para o 1 de xullo, tivo que retrasarse unha semana, causando malestar entre as familias, por iso o Goberno municipal quere aclarar os motivos desta dilación. Son dúas as razóns: unha relativa ao proceso de contratación do persoal e outra que ten que ver coas obras de reforma no Pavillón Municipal de Deportes.

O Goberno anterior tiña previsto contratar o persoal de forma indirecta a través dunha empresa de servizos, limitada a 4 monitoras/es e con contratos de luns a venres nos meses de xullo e agosto. O Goberno dirixido por Xoán Castaño decidiu cambiar este modelo e realizar unha contratación directa do persoal, polo período completo de dous meses, incrementando o salario e aumentando o número de monitores de 4 a 6 persoas. Desta maneira tamén se puido ampliar o número de prazas, ofrecendo a todas as familias de Catoira solicitantes a oportunidade de usar o servizo. Todas estas melloras conseguíronse a cambio do beneficio que levaría a empresa e sen incrementar o custo do programa.

Por outra banda, as obras de reforma no Pavillón Municipal de Deportes -instalacións necesarias para o desenvolvemento das actividades deportivas- aínda non están rematadas. O Goberno tivo que buscar espazos alternativos para estas actividades ata que finalicen as obras, previsiblemente a próxima semana.

O equipo de Goberno é moi consciente da importancia que ten este servizo e dos prexuízos que este retraso puido causar ás familias, por iso pide desculpas encarecidamente. Como consecuencia, ademais, vaise ampliar o programa ata o día 7 de setembro, cubrindo así case todo o período non lectivo deste mes, o que non estaba previsto inicialmente.

INFORMACIÓN CONCILIA VERÁN 2023

XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA

INFORMA:

Que o inicio das actividades lúdico-deportivas do programa CONCILIA VERÁN 2023 terá lugar o vindeiro venres 7 de xullo.

Comunicarlles así mesmo, que toda a rapazada recepcionarase no CPI PROGRESO de xeito provisional, dado que durante uns días o pavillón polideportivo non se poderá utilizar por mor das obras.

O persoal do concello está realizando chamadas confirmando a praza a todas aquelas persoas que figuraban na lista de agarda para que pasen a formalizar o antes posible a solicitude e o ingreso da couta.

Lamentamos os inconvintes causados polo retraso do inicio do programa que se compensará cos mesmos días no mes de setembro.

Catoira, 6 de xullo de 2023
O alcalde-presidente

BANDO_CONCILIA_VERÁN

BANDO: PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO TEMPADA 2023/24

BANDO
XOAN XOSÉ CASTAÑO CONDE , ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA)
FAI SABER:
Que está aberto o prazo de inscrición para
PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO TEMPADA 2023/24
PODERÁN PARTICIPAR NO PROGRAMA TODAS AS PERSOAS QUE REÚNANALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS:
➢ REQUISITOS:
Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensións.
Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos cumpridos.
Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios dedesemprego, en tódolos casos con 60 anos cumpridos.
Ser titular ou beneficiaria/o do sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
Ser emigrante retornada/o a España e pensionista do Sistema público daSeguridade Social do país do que se ten retornado.
(A/O cónxuxe non é necesario que reúna os requisitos de idade e pensión).
➢ INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais Comunitariosdo Concello.
➢ PRAZO: ata o 26 de xullo de 2023.
**AS PERSOAS QUE XA ESTÁN ACREDITADAS DEBERÁNCOMUNICAR AOS SERVIZOS SOCIAIS QUE ESTÁN INTERESADAS EN PARTICIPAR ESTA TEMPADA.
Catoira, 3 de xuño de 2023
O ALCALDE –PRESIDENTE

ANUNCIO – CORRECCIÓN DE ERROS “CONCILIA VERÁN 2023”

ANUNCIO – CORRECCIÓN DE ERROS

Durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Catoira vai realizar o proxecto denominado “CONCILIA VERÁN 2023”, para o que cumpre a contratación de persoal con algunha destas titulacións:

– Técnica/o Superior en Educación Infantil.
– Técnica/o Superior en Animación Sociocultural e Turística.
– Técnica/o Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva.
– Técnica/o Superior en Integración Social.
– Monitoras/es de lecer e tempo libre.
– Auxiliar de Educación Infantil ou de Xardín de Infancia.

O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas que solicitan participar no mesmo, segundo os criterios expostos no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello.

Tódalas persoas interesadas en optar a algún destes postos deberán presentar unha instancia dirixida ao alcalde, solicitando a súa participación no proceso de selección, acompañando copia de tódolos méritos a valorar nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica.

Aquelas persoas que xa estean inscritas na Bolsa de Emprego do Concello con algún dos perfís profesionais solicitados, abonda con que presenten a instancia solicitando a súa participación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o MARTES, 27 DE XUÑO.

Para máis información poden dirixirse ao Departamento de Emprego do Concello.

O alcalde

CORRECCIÓN DE ERROS

CRITERIOS DE SELECCIÓN CANDIDATOS PARA O PROGRAMA “CONCILIA VERÁN 2023”

O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas que así o soliciten:

a) Por posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo que se vai desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato formativo: 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior).

b) Por asistir a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto que se vai desempeñar (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua): ata un máximo de 3 puntos, que se computarán do seguinte xeito:

  • De máis de 150 horas duración: 0,30 puntos por curso
  • De entre 100 e 150 horas de duración: 0,25 puntos por curso
  • De entre 60 e 99 horas de duración: 0,20 puntos por curso
  • De entre 30 e 59 horas de duración: 0,15 puntos por curso
  • De entre 10 e 29 horas de duración: 0,10 puntos por curso
  • Por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega co Celga 3 nos postos de ciclo superior ou medio ou 4 nos de licenciatura, grao ou diplomatura: 0,50 puntos

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos. Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.

c) Experiencia profesional:

– Servizos prestados nas distintas Administracións Públicas como Técnica/o en Actividades Socioculturais; Monitoras/es d lecer e tempo libre; Técnica/o Superior en Animación Sociodeportiva (TAFAD); Educación Infantil e Auxiliares de Gardería e Xardín de infancia: 0,33 por mes traballado (meses completos), ata un máximo de 5 puntos.

– Servizos prestados en centros privados como Técnica/o en Actividades Socioculturais; Monitoras/es d lecer e tempo libre; Técnica/o Superior en Animación Sociodeportiva (TAFAD); Educación Infantil e Auxiliares de Gardería e Xardín de infancia: 0,05 por mes traballado (meses completos), ata un máximo de 4 puntos.

Nesta fase só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente no día e na hora que sinale o concello.

As puntuacións outorgadas publicaranse na sede electrónica e no Taboleiro de Anuncios do concello xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada posto de traballo ofertado, e indicaranse as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.

CORRECCIÓN CRITERIOS CONCILIA VERAN 2023

ANUNCIO “CONCILIA VERÁN 2023”

ANUNCIO
Durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Catoira vai realizar o proxecto denominado “CONCILIA VERÁN 2023”, para o que cumpre a contratación de persoal con algunha destas titulacións:
– Técnica/o Superior en Educación Infantil.
– Técnica/o Superior en Animación Sociocultural e Turística.
– Técnica/o Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva.
– Técnica/o Superior en Integración Social.
– Monitoras/es de lecer e tempo libre.
– Auxiliar de Educación Infantil ou de Xardín de Infancia.
O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas que solicitan participar no mesmo, segundo os criterios expostos no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello.
Tódalas persoas interesadas en optar a algún destes postos deberán presentar unha instancia dirixida ao alcalde, solicitando a súa participación no proceso de selección, acompañando copia de tódolos méritos a valorar nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica.
Aquelas persoas que xa estean inscritas na Bolsa de Emprego do Concello con algún dos perfís profesionais solicitados, abonda con que presenten a instancia solicitando a súa participación.
O prazo de presentación de solicitudes remata o MARTES, 27 DE XUÑO.
Para máis información poden dirixirse ao Departamento de Emprego do Concello.
O alcalde
CRITERIOS DE SELECCIÓN CANDIDATOS PARA O PROGRAMA “CONCILIA VERÁN 2023”
O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas que así o soliciten:
a) Por posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo que se vai desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato formativo: 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior).
b) Por asistir a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto que se vai desempeñar (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua): ata un máximo de 3 puntos, que se computarán do seguinte xeito:
— De máis de 150 horas duración: 0,30 puntos por curso
— De entre 100 e 150 horas de duración: 0,25 puntos por curso
— De entre 60 e 99 horas de duración: 0,20 puntos por curso
— De entre 30 e 59 horas de duración: 0,15 puntos por curso
— De entre 10 e 29 horas de duración: 0,10 puntos por curso
— Por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega co Celga 3 nos postos de ciclo superior ou medio ou 4 nos de licenciatura, grao ou diplomatura: 0,50 puntos
Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos. Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.
Nesta fase só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente no día e na hora que sinale o concello.
As puntuacións outorgadas publicaranse na sede electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada posto de traballo ofertado, e indicaranse as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL PARA O VINDEIRO CURSO

Os formularios tamén poden descargarse do taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal:

https://catoira.sedelectronica.gal/board

BANDO

DON XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA)

FAI SABER:

Que se abre o prazo de inscrición para ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL Curso 2023/2024

➢ PRAZO: ata o 30 de xuño de 2023

➢ DOCUMENTACIÓN:

▪ Impreso de inscrición

▪ Fotocopia do DNI ou do libro de familia (só alumnado de novo ingreso)

▪ Foto tamaño carné (só alumnado de novo ingreso)

➢ LUGAR: Escola de Música Municipal de Catoira – avda. Eloy Domínguez 10

➢ HORARIO: de luns a sábados de 9:30 a 13:00h de luns a venres de 18:00 a 20:00h

➢ INSCRICIÓN: A documentación poderase solicitar e entregar na oficina da Escola de Música ou no correo: esmu.municipal.catoira@gmail.com

+INFO: Escola de Música Municipal de Catoira – Tel.:676336288 – esmu.municipal.catoira@gmail.com

Catoira, 20 de xuño de 2023

O ALCALDE-PRESIDENTE

Bando_Inscricion_Escola_Musica

AVISO LICITACIÓN “OBRAS DE MELLORA DA ENVOLVENTE TÉRMICA DO CLUB DE PIRAGÜISMO”

Con data do 15 de xuño actual publícase no Perfil do Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público o Anuncio de Licitación
correspondente á obra “OBRAS DE MELLORA DA ENVOLVENTE TÉRMICA DO CLUB DE PIRAGÜISMO”.

ENLACE:

https://catoira.sedelectronica.gal/contractor-profile-list

O Prazo de presentación de ofertas é de VINTE (20) días hábiles contados a partires do da citada publicación, polo que rematará o vindeiro día TRECE (13) de xullo de 2023.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Catoira, na data da sinatura dixital.

O Alcalde-Presidente en funcións.

AVISO LICITACIÓN

ALBERTO GARCÍA SOLICITA A ADIF A ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NO PASO SUBTERRÁNEO DA ESTACIÓN

alcalde en funcións de Catoira, Alberto García, remitiu unha proposta ao Administrador de Infraestructuras Ferroviairias (ADIF) para o acondicionamento e a mellora da accesibilidade do paso peonil subterráneo da Estación. No documento suxírese a construción dunha rampla que elimine as barreiras arquitectónicas existentes, xa que, debido ás obras realizadas, quedou inutilizable para as persoas con mobilidade reducida ou persoas con carriños de bebé.

O pasado luns, García enviou outro escrito en resposta a unha comunicación recibida da Dirección General de Conservación y Mantenimiento que informaba da finalización das obras do Paseo de Xelmírez e a supresión definitiva do paso a nivel do P.Q. 58/661 (no acceso á antiga Cedonosa). Desde o Concello advírtese que “non se poderá suprimir ningún servizo, sen antes recibir a obra do Concello”.

AVISO LICITACIÓN PARA A MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DO AUDITORIO MUNICIPAL

Con data do trece (13) de xuño actual publícase no Perfil do Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público o Anuncio de Licitación correspondente á actuación denominada “MODERNINZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DO AUDITORIO MUNICIPAL”.

ENLACE:

https://catoira.sedelectronica.gal/contractor-profile-list

O Prazo de presentación de ofertas é de DEZ (10) días hábiles contados a partires do da citada publicación, polo que rematará o vindeiro día VINTE E SETE (27) de XUÑO de 2023.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Catoira, na data da sinatura dixital.

O Alcalde-Presidente en funcións.

Alberto García García.

AVISO LICITACIÓN

AVISO LICITACIÓN PARA A AMPLIACIÓN DE INSTALACIÓN ELÉCTRICA Y MEJORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS MULTIUSOS, CASA DO CONCELLO, AUDITORIO E CENTRO DE DÍA

Con data do trece (13) de xuño actual publícase no Perfil do Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público o Anuncio de Licitación correspondente á actuación denominada “AMPLIACIÓN DE INSTALACIÓN ELÉCTRICA Y MEJORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS MULTIUSOS, CASA DO CONCELLO, AUDITORIO E CENTRO DE DÍA”.

Top