A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA PARA A PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS

A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 1, unha subvención de 156.517,13 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS EN CATOIRA” cun orzamento que ascende a 156.517,13 €

A subvención foi concedida mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial, con data do 4 de marzo de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 7 de marzo de 2022.

O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA PARA A IMPERMEABILIZACIÓN DE AZOTEA NA CASA DO CONCELLO

A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 1, unha subvención de 48.236,65 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “IMPERMEABILIZACIÓN DE AZOTEA NA CASA DO CONCELLO” cun orzamento que ascende a 48.236,65 €

A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 25 de febreiro de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 28 de febreiro de 2022.

O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.

CATOIRA LEMBRA A CARLOS CASARES NO 20 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

Onte celebrouse no Edificio Multiusos unha charla na que se lembrou a figura de Carlos Casares, coincidindo co vixésimo aniversario da súa morte. O secretario da Fundación que leva o nome do autor, Gustavo Adolfo Garrido, foi o encargado de repasar a súa traxectoria como un dos máis destacados escritores do noso país, o seu traballo a prol da cultura galega, así como a súa vinculación con Suecia, de onde era natural a súa muller, Kristina Berg, e tamén a súa estreita relación con Catoira. Ao acto asistiron tamén Häkan Casares, fillo do escritor, o alcalde, Alberto García, e membros da corporación municipal.

A ESTACIÓN DE TREN DE CATOIRA CONTARÁ CUN NOVO CERRAMENTO

A finalidade desta intervención é mellorar a seguridade na contorna, tanto dos viaxeiros que usan o transporte como dos veciños. O investimento necesario para levar a cabo as obras ascende a 180.599€.

PROGRAMA “DEPOAVENTURA A LANZADA” DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Está aberto o prazo para a inscrición para o programa “depoaventura a lanzada” da deputación provincial.

  • Os campamentos están distribuidos en 11 quendas de sete días de duración cada unha, comezando o 26 de xuño, e rematando o 10 de setembro.
  • Destinatarios/as: nenos e nenas nados entre 2009 – 2014 (ambos inclusive) que teñan o seu domicilio habitual neste concello.
  • Prezo: 110 € por praza ( para os membros de familias numerosas ou monoparentais o prezo é de 80 €).
  • Prazo de solicitude: ata o 15 de marzo.
  • Información: departamento de servizos sociais comunitarios do concello.

SERVIZO DE ATENCIÓN POR VIDEOCONFERENCIA NO CATASTRO

Información sobre a posta en marcha na Dirección Xeral do Catastro do novo servizo de atención por videoconferencia “Catastro Directo ( CADI)”:
 
Este servizo estará dispoñible nos servizos de atención ao cidadán de todas as Xerencias do Catastro e permitirá que os cidadáns sexan atendidos por videoconferencia polo persoal funcionario da Xerencia, aforrando desta forma desprazamentos innecesarios ás nosas oficinas.
 
Esta nova canle é especialmente útil para a atención aos cidadáns no ámbito catastral xa que permite, a diferenza da atención telefónica, mostrar ao cidadán a descrición gráfica das súas parcelas na Sede electrónica do Catastro sen necesidade de que estes se despracen presencialmente ás Xerencias do Catastro.
 
A data prevista para o inicio do proxecto é o 14 de marzo de 2022. É un servizo cuxa prestación está suxeita a cita previa. Os cidadáns que desexen concertar cita a partir desa data para ser atendidos por videoconferencia deberán solicitalo chamando á Liña Directa do Catastro (91 387 45 50/ 902 37 36 35).
Top