ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE POSTOS NO MERCADO DA ROMARÍA VIKINGA 2022

Solicitude de postos no mercado da Romaría Vikinga 2022

Prazo: Do 27 de xuño ao 29 de xullo.

Podense descargar as Bases e o formulario de inscripción no taboeiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Catoira.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

Podese presentar a solicitude a traves dunha instancia xenérica na propia sede electrónica adxuntando o formulario cuberto e asinado.

 

O DÍA 1 DE XULLO ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN COMO TRIPULACIÓN NO DESEMBARCO VIKINGO 2022

Solicitude de participación como tripulación no Desembarco Vikingo 2022

Prazo: Do 1 ao 22 de xullo.

Podense descargar as Bases e o formulario de inscripción no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Catoira.

https://catoira.sedelectronica.gal/board

Podese presentar a solicitude a traves dunha instancia xenérica na propia sede electrónica adxuntando o formulario cuberto e asinado.

SUBTRAEN UN PANEL INFORMATIVO NO ACCESO ÁS TORRES DE OESTE

Apenas un ano despois de que o Concello de Catoira instalase na entrada ao recinto das Torres de Oeste un panel informativo sobre o conxunto monumental, os inimigos do público e do alleo arrincárono do soporte e roubárono.

Na mañá de onte o alcalde, Alberto García, supervisou a instalación dunha nova copia e lamentou o sucedido, destacando que, ademais de incluír texto en español e galego, o cartel recolle a información sobre as Torres de Oeste en Braille, co fin de favorecer que as persoas con discapacidade visual poidan coñecer e desfrutar do noso patrimonio.

BASES PARA A SELECCIÓN QUE REXEN O PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL MEDIANTE UN CONTRATO FORMATIVO PARA ADQUIRIR PRACTICA PROFESIONAL DUN/HA TÉCNICO/A SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL

PRIMEIRA. OBXECTO, RÉXIME DE CONTRATACIÓN E SISTEMA DE SELECCIÓN.
O Concello de CATOIRA presentou solicitude ante a Deputación de Pontevedra, para a contratación dunha persoa co nivel de estudos Técnica/o Superior de Formación Profesional que poida ser contratada cun contrato formativo segundo a normativa laboral vixente, por medio do Programa de Fomento da Empregabilidade na Provincia de Pontevedra “Primeira Experiencia Profesional” nos Concellos da provincia de Pontevedra 2022 – 2023”.
A solicitude foi enviada en tempo e forma á Deputación de Pontevedra, circunstancia que se constata mediante o acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, de data 27/05/2022, e publicado no BOPPO número 30 de data 30/05/2022, de outorgamento da condición de entidades colaboradoras do proxecto “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” nos Concellos da Provincia de Pontevedra 2022/2023 no marco do plan de fomento da empregabilidade, no que consta o Concello de CATOIRA.
O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación, de:
– Poñer o posto ou ocupación: TÉCNICA/O SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL
A contratación será de carácter laboral e temporal (na modalidade de contrato formativo para adquirir unha práctica profesional axeitada aos correspondente nivel de estudos), a xornada completa, por un período de 12 meses. O salario bruto mensual ascende a un total de 1.341,63 euros incluídas a paga extra prorrateada e demais complementos. Nos contratos se establece un período de proba dun mes a contar dende o inicio do mesmo.
O sistema de selección será o de concurso, cunha fase de valoración de méritos, entre as/os candidatas/os remitidos pola Oficina de Emprego, previa realización da pertinente oferta de emprego.
O Concello de Catoira porase en contacto coas/cos candidatas/os remitidos pola Oficina para solicitarlles a documentación relativa a estudios cursados e cumprimento dos requisitos esixidos, así como a relativa aos méritos alegados segundo os criterios de baremación sinalados nestas bases.
SEGUNDA.- PUBLICIDADE
As presentes bases estarán expostas ao público nas oficinas da Casa Consistorial do Concello, e máis na páxina WEB oficial do Concello de CATOIRA na sede electrónica, con dirección electrónica http://catoira.gal durante o prazo que perdure o procedemento motivo das mesmas. Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalas notificacións de actos derivados deste proceso selectivo.
TERCEIRA.-REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES
Os contratos formativos poderán concertarse con aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos específicos:

a) Que estean en posesión dunha titulación universitaria ou título de grado medio ou superior de formación profesional ou títulación equivalente, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
b) Que estean inscritos como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.
c) Estar empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO.
d) Que no momento da contratación non transcorresen máis de tres anos, ou máis de cinco cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.
e) Que non obtivera experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses, sen que se computen a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación que habilita esta contratación.
f) Que non estean contratadas ou contratados en prácticas no momento da selección nalgún dos programas que contemplen contratos en prácticas ou formativos da Deputación de Pontevedra.
g) Non haber estado contratada na mesma ou distinta entidade en virtude da mesma titulación.
Tampouco na mesma entidade para o mesmo ou distinto posto aínda que se trate de titulacións distintas.
Tódolos requisitos esixidos deberán posuílos os/as aspirantes o día de remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, alomenos, ata a data da súa contratación.
2) Requisitos xerais
• Ser español/a ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado, ó que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais algún estado ó que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas.
Tamén, quen non sendo español nin nacional dun estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade, sendo titular dun documento que lle habilite para residir e poder acceder sen limitacións ó mercado laboral.
• Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.

Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas que se van realizar. Non padecer enfermidade, nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das funcións propias das prazas obxecto desta convocatoria.
• Non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.
• Non estar afectado/a por ningunha causa de incapacidade nin por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.
CUARTA. – FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
4.1 Forma de presentación. O Concello de Catoira porase en comunicación coas/os candidatas/os remitidos pola Oficina de Emprego e requiriralles a presentación da documentación relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos e aos méritos alegados para a súa posterior baremación.
QUINTA – DOCUMENTACION.

  •  Copia compulsada do D.N.I ou documento que acredite a súa nacionalidade e personalidade.
  •  Fotocopia da titulación para poder participar no procedemento de selección.
  • Unha vida laboral actualizada.
  • Certificación de empadroamento nalgún Concello da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO.
  • Inscrición como demandantes ou mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.
  • Acreditación dos méritos alegado

Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden acreditados en tódolos seus extremos no momento de presentación da documentación.
Os/as aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeran constar no procedemento, se ben os erros aritméticos, materiais ou de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse no prazo outorgado ao efecto, ben de oficio, ben a instancia de parte.

SEXTA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR
O Tribunal ,nomeado polo Concello xulgará os méritos alegados no concurso terá por obxecto garantir e supervisar o correcto desenvolvemento do proceso en tódalas súas fases.
Os membros do Tribunal terán igual ou maior titulación cá esixida ós aspirantes á praza convocada.
O Tribunal actuará con suxeición ás bases de convocatoria, quedando facultado para resolver cantas cuestións se susciten na súa interpretación.
A composición efectiva do Tribunal determinada polo Alcalde/sa, farase pública no taboleiro de anuncios e na páxina Web oficial do Concello de CATOIRA.
SÉTIMA.- VALORACIÓN DE MÉRITOS.
Os criterios da valoración de méritos a valorar nos procedementos de selección enmarcados dentro do programa “primeira experiencia profesional” nos Concellos 2022-2023”, veñen determinadas na normativa de referencia, os cales se enumeran literalmente a continuación:
Anexo III Criterios de Selección
O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polos aspirantes, e levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:
a) Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos, segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias polo Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, e para os ciclos de formación profesional polo Real Decreto 1147/2011, de 29 de xullo. No caso de que a media dalgunha das titulacións convocadas non fose calculada polas normas referidas ou este non se especifique valorarase con 0.00 puntos.
b) Por ter un doutoramento relacionado co contido do posto 2,00 puntos.
c) Por cada título oficial de máster universitario ou título propio da universidade de máster relacionado co contido do posto: 0,50 puntos cada un, ata un máximo de 1 punto.
d) Por posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo que se vai desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato formativo: 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior nin as de máster ou doutoramento).
e) Por asistir a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto que se vai desempeñar (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua): ata un máximo de 2 puntos, que se computarán do seguinte xeito:

— De máis de 150 horas duración: 0,30 puntos por curso
— De entre 100 e 150 horas de duración: 0,25 puntos por curso
— De entre 60 e 99 horas de duración: 0,20 puntos por curso
— De entre 30 e 59 horas de duración: 0,15 puntos por curso
— De entre 10 e 29 horas de duración: 0,10 puntos por curso
— Por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega co Celga 3 nos postos de ciclo superior ou medio ou 4 nos de licenciatura, grao ou diplomatura: 0,50 puntos
Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos.
Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.
O tribunal cualificador poderá requirirlles ás persoas aspirantes que acrediten a verificación dos extremos recollidos na documentación presentada, ademais de cantas precisións estimen oportunas.
As persoas candidatas que accedan con titulacións de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñería (títulos pre-Boloña) que teñan un certificado da súa correspondencia co nivel 3 MECES (Marco español de cualificación para a educación superior) terán unha puntuación de 0,50 puntos, equivalente a un máster universitario.
O enlace á web do Ministerio onde se publica o catálogo de titulacións homologadas ao nivel de máster é o seguinte:
https://www.culturaydeporte.gob,es/servicios-al-ciudadanomecd//catalogo/educacion/gestion-titulos/estudiosuniversitarios/titulos-espanoles/202058.html
Nesta fase só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente no día e na hora que sinale o concello.
No caso de empate entre as puntuacións das persoas aspirantes a orde de prelación determinarase dándolle preferencia á muller naqueles casos en que se produza unha infrarrepresentación do sexo feminino, nos termos establecidos no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. No caso de que o citado precepto non resulte aplicable ou persista o empate tras a súa aplicación, resolverase o empate en función da nota media global do expediente académico e, de persistir este, pola puntuación acadada nos seguintes apartados.
As puntuacións outorgadas publicaranse na sede electrónica ou páxina web do concello xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada posto de traballo ofertado, e indicaranse as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.

As persoas candidatas poderán formular, ante o tribunal cualificador, as alegacións que estimen oportunas no prazo de dous días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación na sede electrónica ou páxina web.
Examinadas as alegacións presentadas, o tribunal cualificador publicará a relación definitiva de persoas candidatas, por orde de maior a menor puntuación, coa correspondente proposta de contratación baixo a modalidade de contrato formativo,
(…)”
Rematada a fase de valoración de méritos, o Tribunal calculará a cualificación final, entre os/as participantes que superararan a mesma, emitíndose un anuncio coa listaxe provisional por orde de puntuación de maior a menor. e publicándose no taboleiro de anuncios e na páxina
Web do Concello, na sede electrónica, con dirección . Establecerase un período de dous días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación das mesmas para a realización das alegacións ou revisións que se estimen oportunas por parte dos/das aspirantes.
Unha vez finalizado o período de alegacións e/ou revisión das cualificacións, e habéndose resolto estas polo Tribunal no caso de as houber, o Tribunal dará o procedemento de selección por finalizado, establecendo unha listaxe dos/das aspirantes por orde de puntuación de maior a menor e publicándose no taboleiro de anuncios e na páxina
Web do Concello, na sede electrónica, con dirección https://………….. No caso de non haber alegacións que resolver, a listaxe e puntuacións de carácter provisional pasa a adquirir o carácter de definitivo.
OITAVA. – DESIGNACIÓN DAS PERSOAS SELECCIONADAS.
O Tribunal, á vista dos resultados obtidos, proporá ó órgano competente a contratación do/a aspirante que obtivese as maiores puntuacións, sobre a listaxe creada a tal efecto sen que, en ningún caso, poida superar o número de propostos/as o das prazas convocadas.
Para a realización do chamamento sobre a listaxe de aspirante en base ás puntuacións finais, unha vez que o persoal competente da Área o estime oportuno, a persoa encargada de tal acto emitirá o informe ou dilixencia para dar constancia do mesmo, e incluíndoo no expediente.
En caso de que un/ha candidato/a, unha vez realizado o chamamento para ocupar o posto, non acceda a ocupar o mesmo, se procederá ao chamamento do/da seguinte candidato por rigorosa orde de puntuación, e así sucesivamente, ata ocupar a praza obxecto do mesmo.
O acordo que adopte o órgano competente será publicado no taboleiro de anuncios do Concello, para coñecemento de tódolos/as aspirantes, que poderán interpoñe-los recursos previstos na vixente lexislación.

NOVENA. – FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.
Xustificada a documentación sinalada no punto anterior, o acordo definitivo de contratación que adopte o/a Alcalde/sa será publicado no taboleiro de anuncios do Concello, para coñecemento de tódolos/as aspirantes, que poderán interpoñe-los recursos previstos na vixente lexislación. O contrato será formalizado o 1 de xullo 2022 e de acordo coa normativa laboral de aplicación, tendo en conta as especificacións da normativa vixente.
DECIMA. – INTERPRETACIÓN DAS BASES.
As presentes bases vinculan á Administración Local convocante, ó Tribunal Cualificador e ós/ás aspirantes que participen no proceso. O Tribunal cualificador queda facultado durante o desenvolvemento do proceso de selección para resolver as dúbidas e incidencias que plantexen a súa aplicación, podendo adoptar resolucións, criterios e medidas naqueles aspectos non regulados na presente convocatoria.
UN DÉCIMA. – NORMA FINAL
A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015 de 1 de Outubro de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Do mesmo xeito, a Administración Municipal poderá, no seu caso, proceder á revisión das Resolucións dos Tribunais conforme co previsto na mencionada Lei 39/2015 do dia 1 de outubro.

BASES PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL

PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO TEMPADA 2022/23

Está aberto o prazo de inscrición para programa de vacacións para maiores do imserso tempada 2022/23

Poderán participar no programa todas as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos cumpridos.
  • Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en tódolos casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiaria/o do sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Ser emigrante retornada/o a España e pensionista do Sistema público da Seguridade Social do país do que se ten retornado.
  • (A/O cónxuxe non é necesario que reúna os requisitos de idade e pensión).

INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello.

PRAZO: ata o 30 de xullo de 2022.

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE INFORMACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO

A Deputación Provincial de Pontevedra ven de conceder ao Concello de Catoira una SUBVENCIÓN PARA O FINANCIAMENTO DOS CUSTOS DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NA OFICINA DE TURISMO DE CATOIRA, adherida á Rede de Oficinas de Turismo INFO Rías Baixas, para o ano 2022.

A subvención, por importe de 6.048,48 euros, foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 27 de maio de 2022, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da correspondente convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 3 de xuño (BOPPO Nº 106).

A prestación do servizo iniciarase o día 20 de xuño de 2022 e terá una duración de 6 meses. O pagamento da citada subvención farase una vez remitida á Deputación Provincial a documentación xustificativa na forma e prazo indicado nas Bases Reguladoras da convocatoria.

ANUNCIO SUBVENCIÓN PERSOAL OF. TURISMO

O CPI PROGRESO DE CATOIRA PARTICIPA NUN NOVO PROXECTO ERASMUS+ CON TURQUÍA E FRANCIA

O centro educativo CPI Progreso de Catoira está inmerso nun novo programa ERASMUS+. Nesta ocasión establécese colaboración cun centro educativo turco, o Fevzipasa Ortaokulu, e outro francés, o Collège Louis Anquetin.

Este proxecto está cofinanciado polo programa ERASMUS da Unión Europea, a través da Acción clave 2: Asociacións para a cooperación.

“EU INTERCULTURAL PATHS2” é o título do proxecto e o seu tema abarca os ámbitos de inclusión e educación patrimonial. Este proxecto ERASMUS, que terá unha duración de 24 meses, iniciouse no mes de novembro de 2021 e rematará en novembro do 2023.

En canto ás actividades do proxecto, destacan as estancias nos diferentes centros educativos e o concurso internacional sobre a elaboración dun vídeo coa temática do patrimonio da súa localidade.

Entre os anos 2017 e 2019 tivo lugar a primeira experiencia do CPI participando nun programa Erasmus+, cando se estableceu un intercambio cun centro irlandés.

A implicación de Catoira neste programa xurdiu a raíz dos contactos establecidos polo alcalde, Alberto García, tras visitas e xestións nese país. O Goberno local agradece o esforzo e a dedicación do equipo directivo e do profesorado do centro, xa que se trata de experiencias moi enriquecedoras para o alumnado.

 

 

Top