NOVA CANLE DE DIFUSIÓN DE NOVAS DO CONCELLO DE CATOIRA EN WHATSAPP

O novo servizo municipal de información e avisos por whatsapp comezará a funcionar o luns 14 de novembro de 2022. O usuario só deberá solicitar a alta e gardar o contacto do servizo no seu teléfono móbil.
As persoas que desexen darse de alta neste servizo gratuíto tan só terán que enviar unha mensaxe de whatsapp ao número +34 680 52 17 94 coa palabra ALTA. A fin de recibir correctamente as notificacións, debe gardar o número de teléfono do servizo nos seus contactos.
Con este servizo, que ven a complementar outros como os perfís en redes sociais ou a páxina web municipal ábrese unha nova canle de comunicación coa veciñanza para mantela informada do que acontece no Concello.

 

CONVOCATORIA DE DÚAS PRAZAS DE PEÓN DE SERVIZOS VARIOS DE PERSOAL LABORAL FIXO

Resolución do 4 de novembro de 2022, do Concello de Catoira (Pontevedra), referente á convocatoria para prover varias prazas.
No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 206, do 27 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Dúas prazas de Peón de Servizos Varios de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na súa sede electrónica, na forma prevista nas propias bases.
INICIO: 11/11/2022
FIN: 30/11/2022

AULA MENTOR

Aula Mentor é un programa de formación non regulada a través de internet, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos. O programa ten como obxectivos: contribuír á mellora da cualificación profesional, promover o desenvolvemento das competencias no uso das TIC, e poñer á disposición da veciñanza unha oferta formativa de calidade e sensible ás necesidades do ámbito rural.
O Programa Aula Mentor conta cunha oferta formativa de máis de 200 cursos referenciados ao Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales. Trátase de cursos de formación cunha duración de 30 a 50 horas lectivas impartidas ao longo de dous meses cun custo da matrícula de 48 euros por curso.
Pódese consultar toda a oferta formativa telemática da Aula Mentor na seguinte ligazón:
Ante calquera consulta podedes acudir de forma presencial á Aula CeMIT – Mentor situada na rúa do Concello, 14. Ou poñervos en contacto a través do teléfono 616 842 467 en horario de 9:30 a 14:00 horas ou a través do correo electrónico: catoira@aulamentor.es

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE PRAZA, DO 30/10/2022 AO 18/11/2022

No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra», número 199, do 18 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Unha praza de Persoal de Servizos Xerais, vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de Catoira, incluída na oferta de emprego público do ano 2022, categoría V, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín Oficial do Estado». Publicado o 29 de outubro de 2022, o prazo comeza o 30/10/2022 e termina o 18/11/2022

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» e o Taboleiro de Anuncios do Concello.

Catoira, 18 de outubro de 2022.

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Alberto García García.

PUBLICACION BOE 29-10-22

AEROTERMIA SOSTIBLE E PANEIS SOLARES FOTOVOLTAICOS EN EDIFICIOS MUNICIPAIS

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) aproba os proxectos de instalación de aerotermia sostible por un importe total de 55340€ cunha subvención máxima FEDER do 85% que ascende a 47039€.
A achega da Deputación é dun 8% de fondos propios (4427€).
A achega do concello é dun 7% de fondos propios (3873€).
Este orzamento será para actuacións na escola unitaria e a gardería de Dimo.


Tamén se recibe unha subvención do IDAE para a instalación de paneis solares fotovoltaicos sostibles para autoconsumo conectados á rede nos edificios do CPI de Progreso e o pavillón de deportes por importe de 21564,62€

ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE, POR OPOSICIÓN LIBRE, DUNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL FIXO VACANTE E INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2022.

Mediante Resolución da Alcaldía de data do 10 de outubro de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, dunha praza de persoal laboral fixo vacante no Concello de Catoira e incluída na oferta de emprego público de 2022, coas seguintes características:

Denominación: Persoal de Servizos Xerais.

Número de vacantes: 1; Categoría: V

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 199, do 18 de outubro de 2022, publicáronse as referidas bases na súa integridade (accesibles na páxina web do Concello de Catoira)

Prazo de presentación das solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado (Pendente de publicación).

Non se admiten pagos de taxas ata que se inicie o prazo de presentación de solicitudes.

Catoira, 20 de outubro de 2022.

O ALCALDE-PRESIDENTE.

BASES_DA_CONVOCATOIRA_PERSOAL_SERVIZOS_XERAIS

Top