Concello de Catoira
español galego

atrás Actualidade

ROMARÍA VIKINGA 2017

13.07.2017

PROGRAMA ROMARÍA VIKINGA 2017

 

Abrir (pdf)

 

 DESEMBARCO 2017

 

Descargar formulario

 

CEA VIKINGA

 

 Tamén poden adquirirse entradas mediante transferencia bancaria. Para iso, contactar coa Biblioteca no tf. 986 546 801 (de 9:00 a 14:30 h).

 

MERCADO MEDIEVAL

O Concello de Catoira establece as seguintes bases que rexerán a organización e desenvolvemento do mercado da Romaría Vikinga 2017.

  • Para poder instalar un posto en calquera espazo público do municipio de Catoira é necesario facer a inscrición con anterioridade. O formulario de inscrición deberá entregarse debidamente cuberto no Rexistro do Concello, ou ben envialo por fax ao número 986546217 ou ao correo electrónico monica.catoira@gmail.com indicando no concepto “Mercado Romaría Vikinga 2017”.
  • O prazo de inscrición comeza o 15 de xuño e finaliza o 28 de xullo de 2017.
  • As asociacións en activo con sede en Catoira deberán xuntar unha fotocopia do CIF no momento de formalizar a  inscrición.
  • Os postos de alimentación e bebidas deberán manter condicións hixiénicas durante toda a xornada e contar con carné de manipulador de alimentos vixente.
  • No recinto das Torres de Oeste instalarase o mercado medieval. Os postos que desexen acceder a esta zona deberán de cumprir, ademais do anteriormente establecido, o seguinte:

- Os postos teñen que estar acondicionados con materiais da época (madeira, cortiza, teas, canizo) ou, cando menos, non serán visibles para o público outros materiais como plástico ou semellantes.

- Tódalas persoas que atendan os postos teñen que ir vestidos de época obrigatoriamente, coidando tamén os complementos.

  • O persoal do Concello encargado de vixiar que se cumpran as presentes bases poderán requirirlle ó responsable do posto en calquera momento o resgardo da inscrición.
  • De non cumprir o establecido nas presentes bases procederase ó peche do posto e o responsable do mesmo poderá ser sancionado economicamente e asumirá calquera tipo de responsabilidades que se poidan derivar.

  DESCARGAR FORMULARIO

Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Concello de Catoira - info@catoira.es
Concello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)
Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217