• 25 Outubro, 2020
  • 18:00
  • Auditorio Municipal

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Diso falan os contos que nos relatará Brais das Hortas, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Charlatana S. Coop. Galega

Espectáculo financiado a través do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura e Turismo.

Reserva de entradas:

A entrada é gratuíta pero requírese reserva previa. As reservas poden realizarse ata as 14 horas do día 23 de outubro, a través do correo cultura@catoira.gal ou no teléfono 986546014 (ext. 2), indicando o nome completo e teléfono. Poderán reservarse ata 6 entradas por unidade de convivencia, achegando os nomes completos de todas as persoas.

Normas de acceso:

Serán de aplicación as normas establecidas na lexislación vixente en cada momento.

Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 (tose, falta de aire, febre, etc.) non acceda ás instalacións.

Distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores que non sexan conviventes.

Será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores en todo momento.

Desinfección de mans.

Ocupe a butaca que se lle asigne e non se levante agás en caso estritamente necesario.

Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade.

Limite o uso dos aseos.

Top