• 23 Outubro, 2021
  • 18:00
  • Auditorio municipal

ACTIVIDADES LER CONTA MOITO – AUDITORIO MUNICIPAL

“Que vén o lobo!! e todos queren que o lobo sexa Ramón”. Contacontos a cargo da escritora María Canosa, autora do libro “Lobo Ramón”.

Un divertido contacontos para nenos e nenas, realizado por unha das escritoras máis recoñecidas na literatura infantil e xuvenil na actualidade. Baseado na obra da autora dirixida a público infantil, propón un contacontos onde se valora a personalidade, a diferenza que nos fai únicos, e o valor necesario para converter isto nunha fortaleza.

Reservas: https://forms.gle/3bXzCxF1ssux15KGA

Top