• 13 Novembro, 2021
  • 19:00
  • Auditorio municipal

A compañía Bandullo Azul actúa o sábado 13 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Catoira, coa comedia “Mestre ma non troppo”.

Esta actuación está incluída no programa “Tornar ás táboas”, da Deputación de Pontevedra, deseñado para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios dos auditorios, teatros e centros culturais da provincia.

Mestre ma non troppo é unha comedia cun ton amargo, un sorriso acedo que nos acompaña de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia actuación e sobre as falsas metas que nos impón a sociedade. Un espectáculo centrado na poética do fracaso, unha comedia que rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público.

Elenco: Fran Campos

Dirección: Fran Ameixeiras

Xéneros: Teatro, comedia, clown, música

Duración: 50 min

Público: Público Familiar

Entrada libre ata completar aforo

There are no comments yet.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked (*).

Top