• 4 Setembro, 2021
  • 20:00
  • Auditorio municipal de Catoira

O sábado 4 de setembro o Auditorio Municipal de Catoira acolle dous espectáculos organizados pola Asociación Cultural Interfolc de Vigo, ao abeiro do programa “Coñece o teu camiño”, financiado pola Xunta de Galicia. Trátase do contacontos Xan das Ondas, da compañía Barafunda, e dunha actuación da Banda de Gaitas Xarabal.

Xan das Ondas é un espectáculo para público infantil e familiar, a partir de 5 anos, que trata de concienciar sobre a necesidade de respectar o medio natural, especialmente o mar.

Sinopse:

Xan é un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?

A continuación, actuará a banda de gaitas Xarabal. Esta formación, con sede en Vigo, nace no ano 2001 da man dun grupo de alumnas/os da Escola de Artes e Oficios. En Xarabal formáronse artistas moi representativos do panorama musical galego como Carlos Núñez, Anxo Pintos ou Xosé Manuel Budiño.

A duración total de ambos espectáculos é de 75 minutos.

As entradas son gratuitas facendo reserva previa neste enlace

Top