Pavillón Municipal de Deportes

Travesía Corredoira ás Lombas, 62 –36612- Catoira
Pavillón cuberto dotado dunha pista polideportiva, un ximnasio, vestiarios e aseos.
O Pavillón é utilizado en horario lectivo polo CPI Progreso de Catoira. Fóra deste horario, pode solicitarse o uso das instalacións para a práctica deportiva por parte de colectivos ou persoas maiores de idade empadroadas en Catoira, aboando unha taxa de 4,5 euros/hora. Para iso deberán solicitar un impreso de pagamento na Biblioteca Pública Municipal.

Tel. Bilioteca: 986 546 801

Pistas Municipais de Tenis

Balastrera – Oeste
O Concello conta con dúas pistas de tenis que poden ser utilizadas por calquera persoa para a práctica deportiva. As persoas maiores de idade empadroadas en Catoira terán preferencia para utilizalas, para iso deberán solicitar unha autorización na Biblioteca Pública Municipal. O uso das instalacións é gratuíto.

Tel. Bilioteca: 986 546 801

Pista Municipal de Pádel

O Campo – Outeiro da Vila
O Concello conta con unha pista de pádel que pode ser utilizada por calquera persoa para a práctica deportiva. As persoas maiores de idade empadroadas en Catoira terán preferencia para utilizala, para iso deberán solicitar unha autorización na Biblioteca Pública Municipal. O uso das instalacións é gratuíto.

Tel. Bilioteca: 986 546 801

Pistas polideportivas en Dimo e Abalo

O Concello conta con pistas polideportivas en Dimo e Abalo que poden ser utilizadas por calquera persoa para a práctica deportiva. O uso das instalacións é gratuíto.

Edificio Municipal de Deportes Náuticos

Paseo de Xelmírez, 14 –36612- Catoira
O Concello conta cun edificio de deportes náuticos situado a carón da praia fluvial, dotado con ximnasio e vestiarios. O edificio está cedido como sede do Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga.

www.astorres.com
Tel. 686 929 930
Correo: astorres@astorres.com

Piscina Pública Municipal

Paseo de Xelmírez, s/n –36612- Catoira
A piscina está situada na Alameda de Praia Fluvial. Abre ao público entre os meses de xullo e setembro, en horario de 12:00 a 20:00 horas, de luns a domingo.

A entrada ten un prezo de 1,20 euros os adultos e 0,60 euros os menores de 13 anos.

Campo de fútbol municipal As Lombas

Travesía Corredoira ás Lombas, 12 –36612- Catoira
O Concello conta cun campo de fútbol, dotado con herba sintética. As instalacións son utilizadas polo club Catoira SD.

Web
Tel. 986 523 159
Correo: sdcatoira@gmail.com

Top