Cultura concello de Catoira

Horario: 9:00 – 14:30 h. (de luns a venres) e de 16:00 a 19:00 h os luns.
Tel. 986 546 014
Correo: cultura@catoira.gal

Na axenda pode consultar a programación cultural do Concello. Na sede electrónica pode descargar os formularios relacionados con esta área.

Auditorio Municipal

Edificio Multiusos – Rúa do Concello, 1
Tel. 986546014
Correo: cultura@catoira.gal

O Auditorio Municipal acolle durante todo o ano actividades programadas polo Concello de Catoira, asociacións e compañías profesionais.
Conta cunha superficie de 610 m2, escenario de 170 m2, con boca de 18,75 m, fondo de 9 m e altura ata a estrutura a máximo nivel de 6 m.
A capacidade do patio de butacas é de 442 persoas sentadas.
Hai dous camerinos, cun total de 33 m2, equipados con aseos.
A sala está dotada de equipamento de iluminación, son e un proxector audiovisual, con pantalla de 600×450.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro

Edificio Multiusos – Rúa do Concello, 1
Tel. 986546801
Correo: catoira.rbgalicia@eidolocal.es

Horario inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño):
10:30 – 12:30 h. E de 16:30 – 19:30 h de luns a venres
Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro):
9:00 – 14:30 h. de luns a venres

A BPM de Catoira conta con máis de 11.000 publicacións dispoñibles para a súa consulta en sala ou préstamo a domicilio (3 títulos por usuario durante 21 días).

O catálogo pódese consultar en internet na páxina web

Carné da biblioteca: precísase 2 fotos e estar empadroado en Catoira. Os menores de 14 anos deberán contar con autorización do pai/nai/titor.

Aula CeMIT

Rúa do Concello, 14 – Primeiro andar – 36612 Catoira
Tel. 616 842 467
Correo: cemit.Catoira@xunta.gal

O horario de inverno da Aula CeMIT é:

LUNS 09:30 14:00
MARTES 17:30 20:00
MÉRCORES 09:30 14:00
XOVES 09:30 14:00
VENRES 09:30 14:00
SÁBADO PECHADO
DOMINGO PECHADO

De Xuño a Setembro aplícase o horario de verán que é de luns a venres de mañá.

A Aula CeMIT é un centro de formación en novas tecnoloxías. Está dotado con 21 equipos informáticos con conexión a Internet, equipo de videoconferencia e de proxección audiovisual.
Durante o ano un axente TIC desenvolve accións formativas, de alfabetización e inclusión dixital e outras para usuarios avanzados. Tamén se ofertan actividades retransmitidas por videoconferencia.
Calquera asociación, empresa ou entidade pode solicitar a cesión da aula para realizar actividades de formación propias.

Escola de Música Municipal

Avenida Eloy Domínguez, s/n – 36612 Catoira
Tel. 676 336 288
Correo: esmu.municipal.catoira@gmail.com

As materias que se imparten na Escola son as seguintes: música e movemento I Iniciación ( 4 e 5 anos) e II Formación básica ( 6 e 7 anos), linguaxe musical (8 anos en diante), música de cámara, práctica instrumental (frauta, óboe, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, piano, violonchelo), formación musical complementaria (harmonía e análise), actividades instrumentais e vocais en conxunto (grupo instrumental, coro e música de cámara).

Escola Municipal Úrsula Teatro de Catoira

Antiga Escola Unitaria da Baiuca
Travesía de Baiuca, 13 – 36612 Catoira
Tel. 986 546 014
Horario de clases: os venres a partir das 20:00 horas

A Escola conta cunha media de 30 persoas afeccionadas durante todo o ano. Ademais de preparar a representación teatral da Semana de Teatro Romaría Vikinga, tamén traballan con outros textos e estreas e participan en actividades de colaboración con outras entidades.

Escola Municipal de Danza e Baile Folclórico

Rúa do Concello, 14 – 36612 Catoira
Foi creada en 1989. Cada ano, dous profesores imparten ensinanzas de baile e música tradicionais.

Instalacións culturais

Casa da Cultura de Catoira: Rúa do Concello, 14 Baixo – Catoira
Baixo do Edificio Multiusos: Rúa do Concello, 1 – Baixo – Catoira
Centro social de Oeste: Estrada de Santa Baia, 18ª – Oeste
Centro social de Dimo: Estrada da Igrexa de Dimo, 86 – Dimo
Centro social de Abalo: Estrada da Igrexa ó Busto, 2 – Condado – Abalo
Antiga Unitaria de Abalo: Estrada á Igrexa de Abalo, 28 – Cores – Abalo

Son edificios de usos múltiples que serven como centros de reunión para os distintos colectivos socioeconómicos e para os veciños/as do municipio que así o solicitan.

Centros educativos

C.P.I. “Progreso”
Paseo das Lombas, 2 – 36612 CATOIRA
Tel. 886 159 201/02/03
Fax: 886159209
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiprogresocatoira/
Imparte clases de Educación Infantil, Primaria e ESO.

Escola unitaria de Dimo
Estrada á Igrexa de Dimo, 88 – Tarrío (Dimo)
Tel. 636 456 887
Imparte clases de Educación Infantil de 3 a 6 anos.

Escola Infantil Municipal
Estrada á Igrexa de Dimo, 92 – Tarrío (Dimo) 36612 Catoira
Tel. 986 523 355
Imparte clases de Educación Infantil de 0 a 3 anos.

Top