REPARACIÓN DO PASEO FLUVIAL

O Concello está procedendo á reparación do paseo. A pesar de que se levan a cabo tarefas de mantemento constante, resulta imposible mantelo en boas condicións de forma permanente, xa que hai individuos empeñados en esnaquizar os bens municipais, que son de todas e todos.
Pregamos á veciñanza que, no caso de presenciar algún destes actos vandálicos o comunique ao Concello. O Goberno local ten a intención de instalar cámaras de seguridade no caso de que continúen os estragos, co fin de identificar ás persoas responsables.

O CONCELLO CONTINÚA CO MANTEMENTO DE FONTES E LAVADOIROS

O concello de Catoira continúa co mantemento e arranxo das fontes e lavadoiros do termo municipal.

Sustitución e arranxo dos canos de fonte Mosteira (San salvador)

Roza de maleza na contorna dos lavadoiros.

Inscrición para tripulación dos barcos viquingos

O martes 13 de xullo ábrese o prazo para inscribirse como tripulación das seis embarcacións viquingas que participarán o día 1 de agosto nun ascenso e descenso polo río Ulla desde a Praia Fluvial ata a Illa Castrivello. NON HABERÁ DESEMBARCO NAS TORRES.

  • REQUISITOS: Ser maior de idade e aceptar as normas establecidas pola Dirección General de la Marina Mercante do Ministerio de Fomento.
  • PRAZAS: Haberá 36 prazas, distribuídas en 6 embarcacións. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
  • INSCRICIÓN: O formulario de inscrición deberá presentarse no Rexistro do Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica. O documento poderá descargarse da sede electrónica (sección Anuncios).
  • DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do DNI e formulario de inscrición cuberto e asinado.
  • PRAZO: Do 13 de xullo ata o 23 de xullo de 2021.

O formulario de inscrición estará dispoñible na seguinte ligazón:

https://catoira.sedelectronica.gal/board/975040b6-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

Para a tramitación a través da sede electrónica deberán descargar o formulario, cubrir os datos e asinalo. Logo deberán presentalo a través do procedemento “Instancia xeral”, adxuntando o formulario e maila copia do DNI. NON SERÁN ADMITIDAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS ANTES DO MARTES 13 DE XULLO.

Percorrido virtual en 360° pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla acaba de publicar na súa web un percorrido virtual en 360º polas distintas localizacións da ruta, incluída Catoira. No noso caso, poden visitarse as Torres de Oeste, desde diferenes perspectivas, e os muíños de vento.

A visita pode realizarse a través dun PC ou dispositivo móbil. Para unha experiencia máis realista, recoméndase o uso de gafas 3D.

Abra a seguinte ligazón para comezar o percorrido:

Tour virtual

(Para abrir o mapa e ir directamente a un punto da Ruta, debe facer clic no icono de localización que aparece na esquina inferior esquerda)

Web da Fundación: https://arousaeullafundacionxacobea.com/

Aviso sobre o reparto de máscaras para personas vulnerables

Esta semana, o reparto de máscaras nos centros sociais para persoas máis vulnerables a posibles contaxios por coronavirus será do seguinte xeito:
– XOVES 28 en ABALO, de 10:00 a 13:00 h
– VENRES 29 en OESTE e DIMO, de 10:00 a 13:00 h

Ademais, poden recollerse CALQUERA DÍA, de luns a venres, na BIBLIOTECA de 9:00 a 14:30 h.

Pedimos desculpas polas molestias que poida causar este cambio.

O Goberno de Catoira favorecerá a ampliación de terrazas

Ante a posibilidade de apertura das terrazas dos establecementos hostaleiros, e co fin de favorecer a volta á actividade deste colectivo profesional, o Goberno Local decidiu permitir, dentro das súas competencias, a ampliación destes espazos a aqueles locais que teñan a posibilidade de facelo. Esta medida non implicará ningún gravame para estes negocios, que xa non viñan aboando ningunha taxa por posuír terrazas.
Esta iniciativa súmase á decisión do Grupo de Goberno de levar ao pleno da Corporación unha proposta para reducir a taxa de recollida de lixo a aqueles establecementos e empresas que pecharon a súa actividade con motivo do decreto do estado de alarma. Esta redución faríase extensible tamén ás persoas traballadoras que sufriron un ERTE ou que pasaron a unha situación de desemprego por este motivo.

Medidas para o reinicio da actividade dos mercados

Diante da Resolución da Consellería de Medio Rural de levantar a partir do 4 de maio a prohibición relativa á realización dos mercados tradicionais, con venda directa de produtos agrícolas e gandeiros, o Concello de Catoira informa das medidas de prevención que deben adoptar, tanto vendedoras/es como usuarias/os, seguindo as recomendacións da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp):

Ábrese o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal

O Departamento de Benestar Social do Concello de Catoira informa que se abre de novo o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2020/2021, que quedou suspendido ao decretarse o estado de alarma, e que agora se reactiva por necesidade de xestión do servizo.

As persoas interesadas poden presentar a solicitude, tanto para renovación de praza (para alumnado que xa estivo matriculado no curso 2019/2020) como para novo ingreso, dende o 8 de maio ata o 8 de xuño.

Os formularios de solicitude poden descargarse e presentarse telematicamente a través da sede electrónica do Concello (https://catoira.sedelectronica.gal/), ou ben presencialmente no Departamento de Benestar Social solicitando cita previa por teléfono (986 546 014).

O Concello entrega novas máscaras a toda a veciñanza

O Concello de Catoira comezará a repartir mañá novas máscaras hixiénicas nos domicilios, unha unidade para cada veciña/o, incluídas/os nenas/as.
Trátase de máscaras de tres capas automontables que foron adquiridas polo Concello. Acompáñanse dunhas sinxelas instrucións para colocar as gomas. As máscaras dispoñen dunha capa exterior de cor azul que non traspasa líquidos, unha capa intermedia absorbente como filtro e outra capa interior de cor branca. Segundo indicacións do persoal do centro médico estariamos falando dunha protección homologable a un modelo KN 95.

Máscaras adaptadas para a poboación infantil
Para as/os nenas/os confecciónanse 400 máscaras de menor tamaño, xa montadas. Están feitas cos mesmos materiais, pero adaptadas a tamaño infantil por voluntarias solidarias de Catoira de forma altruísta.


Lembramos que as persoas máis vulnerables a posibles contaxios poden solicitar máis unidades no Concello, e tamén aquelas que non as recibisen no seu domicilio unha vez finalizado o reparto na súa zona.

Top