ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL PARA O VINDEIRO CURSO

Os formularios tamén poden descargarse do taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal:

https://catoira.sedelectronica.gal/board

BANDO

DON XOÁN XOSÉ CASTAÑO CONDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CATOIRA (PONTEVEDRA)

FAI SABER:

Que se abre o prazo de inscrición para ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL Curso 2023/2024

➢ PRAZO: ata o 30 de xuño de 2023

➢ DOCUMENTACIÓN:

▪ Impreso de inscrición

▪ Fotocopia do DNI ou do libro de familia (só alumnado de novo ingreso)

▪ Foto tamaño carné (só alumnado de novo ingreso)

➢ LUGAR: Escola de Música Municipal de Catoira – avda. Eloy Domínguez 10

➢ HORARIO: de luns a sábados de 9:30 a 13:00h de luns a venres de 18:00 a 20:00h

➢ INSCRICIÓN: A documentación poderase solicitar e entregar na oficina da Escola de Música ou no correo: esmu.municipal.catoira@gmail.com

+INFO: Escola de Música Municipal de Catoira – Tel.:676336288 – esmu.municipal.catoira@gmail.com

Catoira, 20 de xuño de 2023

O ALCALDE-PRESIDENTE

Bando_Inscricion_Escola_Musica

O ALCALDE DE CATOIRA RECIBE A VISITA DO ALUMANDO FRANCÉS QUE VISITA CATOIRA NUN INTERCAMBIO A TRAVÉS DO PROGRAMA ERASMUS+

Durante esta semana alumnado de 3º da ESO do centro educativo Collège Louis Anquetin de Ètrèpagny (Francia) visita Catoira, ao abeiro do proxecto Erasmus + EU INTERCULTURAL PATHS.

O alcalde, Alberto García, recibiunos esta mañá no salón de plenos do Concello. Esta tarde realizarán unha visita ás Torres de Oeste, acompañados do profesorado implicado no proxecto e mailo alumnado de Catoira que tamén participou no intercambio a Francia realizado o pasado mes de febreiro.

O proxecto Erasmus + está coordinado polo CPI Progreso de Catoira e ten como obxectivo principal o coñecemento, respecto e difusión do Patrimonio Cultural dos diferentes socios do proxecto, nos que se inclúe tamén un centro educativo de Turquía. Este proxecto ERASMUS, que ten unha duración de 24 meses, iniciouse no mes de novembro de 2021 e rematará en novembro do 2023.

INFORMACIÓN SOBRE CAMPAMENTOS EN DUNDALK (IRLANDA)

Compartimos información sobre campamentos de verán en Dundalk (Irlanda), a localidade coa que o CPI Progreso estableceu intercambios a través do programa Erasmus+.

Trátase de estadías de entre 1 e 3 semanas para mocidade entre os 11 e os 19 anos.

Para máis información poden contactar no correo info@thelanguageplace.ie ou nos teléfonos +353 87 2297473 / +353 87 2297476

Pdf con información sobre os cursos

Sitio web: http://www.thelanguageplace.ie/teen_total_immersion.php

AULA MENTOR

Aula Mentor é un programa de formación non regulada a través de internet, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos. O programa ten como obxectivos: contribuír á mellora da cualificación profesional, promover o desenvolvemento das competencias no uso das TIC, e poñer á disposición da veciñanza unha oferta formativa de calidade e sensible ás necesidades do ámbito rural.
O Programa Aula Mentor conta cunha oferta formativa de máis de 200 cursos referenciados ao Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales. Trátase de cursos de formación cunha duración de 30 a 50 horas lectivas impartidas ao longo de dous meses cun custo da matrícula de 48 euros por curso.
Pódese consultar toda a oferta formativa telemática da Aula Mentor na seguinte ligazón:
Ante calquera consulta podedes acudir de forma presencial á Aula CeMIT – Mentor situada na rúa do Concello, 14. Ou poñervos en contacto a través do teléfono 616 842 467 en horario de 9:30 a 14:00 horas ou a través do correo electrónico: catoira@aulamentor.es

O ALUMNADO DAS ACTIVIDADES DE VERÁN ACHÉGASE Á FIGURA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A rapazada que asiste ás actividades lúdicas de verán do Concello gozou esta mañá da actuación da compañía Polo Correo do Vento, coa actividade “De Valdeorras a México. Terra A Nosa”, promovida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para homenaxear a figura de Florencia Delgado Gurriarán, a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

O CPI PROGRESO DE CATOIRA PARTICIPA NUN NOVO PROXECTO ERASMUS+ CON TURQUÍA E FRANCIA

O centro educativo CPI Progreso de Catoira está inmerso nun novo programa ERASMUS+. Nesta ocasión establécese colaboración cun centro educativo turco, o Fevzipasa Ortaokulu, e outro francés, o Collège Louis Anquetin.

Este proxecto está cofinanciado polo programa ERASMUS da Unión Europea, a través da Acción clave 2: Asociacións para a cooperación.

“EU INTERCULTURAL PATHS2” é o título do proxecto e o seu tema abarca os ámbitos de inclusión e educación patrimonial. Este proxecto ERASMUS, que terá unha duración de 24 meses, iniciouse no mes de novembro de 2021 e rematará en novembro do 2023.

En canto ás actividades do proxecto, destacan as estancias nos diferentes centros educativos e o concurso internacional sobre a elaboración dun vídeo coa temática do patrimonio da súa localidade.

Entre os anos 2017 e 2019 tivo lugar a primeira experiencia do CPI participando nun programa Erasmus+, cando se estableceu un intercambio cun centro irlandés.

A implicación de Catoira neste programa xurdiu a raíz dos contactos establecidos polo alcalde, Alberto García, tras visitas e xestións nese país. O Goberno local agradece o esforzo e a dedicación do equipo directivo e do profesorado do centro, xa que se trata de experiencias moi enriquecedoras para o alumnado.

 

 

Top