Este sábado pola mañá poderá seguirse desde o Auditorio Municipal de Catoira a retransmisión en streaming do Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo que se celebra en Romanía e no que compite o catoirense Fernando Busto “Choco” na categoría C-1 sénior.

As persoas interesadas en asistir á retransmisión no Auditorio deberán inscribirse a través do seguinte formulario de inscrición:  https://forms.gle/wC9YSHYQtF7acT3m6

Ademais de Busto, tamén participa no mundial Rosalía García, outra padexeira do Club As Torres-Romaría Vikinga, que este xoves loitará por un metal na categoría C-1 xuvenil a partir das 7:50 horas, hora peninsular.

Traxectoria dos deportistas:

ROSALÍA GARCÍA DE DIOS – Categoría C-1 XUVENIL

Compite en Pitesti (Romanía) o día 30 de setembro do 2021 ás 7:50 horas.

Ano 2021:

  • Campioa de España de media Maratón.
  • Subcampioa de España de Maratón.
  • Bronce Campionato de España de Fondo.
  • Bronce Campionato Galego de Fondo.

FERNANDO BUSTO BANDIN – Categoría C-1 SENIOR

Compite en Pitesti (Romanía) o día 2 de outubro do 2021 ás 9:30 horas.

Ano 2021:

  • Subcampión de España de Maratón, categoría absoluta.
  • Subcampión de España de media Maratón, categoría absoluta.
  • Bronce Campionato Galego de Fondo, categoría absoluta.
  • Campión da regata Internacional do Descenso do río Miño.

Resultados anteriores:

  • Campión do Mundo de Maratón disputado en Noruega 2004,  categoría xuvenil.
  • Bronce Campionato do Mundo de Maratón en Valladolid 2003, categoría xuvenil.
Top