Un total de 129 alumnas/os de Catoira asistiron ás dúas representacións organizadas a pasada semana ao abeiro do Programa de Igualdade do Concello.

O 22 de setembro 89 alumnas/os de 1º, 2º e 3º de Primaria do colexio de Catoira acudiu ao Auditorio para asistir a unha representación de monicreques programada ao abeiro do Programa de Igualdade do Concello.

Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques, dirixido e interpretado por Inacio Vilariño, no que se toca o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades.

Continuando a campaña de concienciación sobre igualdade de xénero dirixida ás/aos máis cativas/os, o 23 de setembro Atenea García, da compañía Xarope Tulú, levou á escena o espectáculo “Estrafalaria”. A través desta representación tratábase de que o alumnado de Infantil do CPI Progreso e da Unitaria de Dimo entendese a diversidade como algo enriquecedor e imprescindible para que a sociedade evolucione cara un mundo no que predomine a tolerancia, a solidariedade e a integración.

O alumnado foi agasallado cunha mochila e un bote de xel hidroalcólico co lema “+ igualdade, – violencia”

Top