O departamento de Emprego e Desenvolvemento Local informa que a Deputación de Pontevedra ven de poñer en marcha o Proxecto LABORA 2020, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE), dirixido a mellorara a formación e a empregabilidade de 855 persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, inscritas como demandantes de emprego.

  • QUÉ OFRECE O PROXECTO?

Itinerarios integrados de inserción sociolaboral: Orientación laboral e titorías individuais; Formación específica para a obtención de certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias clave nivel 2; Práctica profesional titorizada correspondente á formación; Formación transversal (igualdade de oportunidades, coidado do medio ambiente, etc); Formación complementaria (busca de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego); Axuda económica por día de asistencia á formación.

  • A QUÉN VAI DIRIXIDO?

Persoas desempregadas empadronadas nun concello da provincia de Pontevedra, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, preferiblemente aquelas que pertenzan aos seguintes colectivos: Desempregados de longa duración; mozas/os menores de 30 anos non atendidos polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil; Maiores de 55 anos; Persoas con discapacidade; Inmigrantes; Minorías étnicas e comunidades marxinadas; Outros colectivos desfavorecidos (vítimas de violencia de xénero, solicitantes de asilo, etc); Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.

  • QUE FORMACIÓN SE IMPARTIRÁ?

▪ Competencias clave de Nivel 2.  ▪ Actividades auxiliares de almacén. ▪ Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes ▪ Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.

▪ Operacións básicas de restaurante e bar. ▪ Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

▪ Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. ▪ Dinamización de actividades de tempo libre. ▪ Xestión de chamadas de teleasistencia. ▪ Socorrismo en instalacións acuáticas. ▪ Docencia e formación profesional para o emprego.

  • CANDO E ONDE SE REALIZARÁN OS ITINERARIOS FORMATIVOS?

Os itinerarios desenvolveranse entre 2019 e 2021 en: A Guarda, Barro, Cangas, Lalín, Moaña, O Grove, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

  • PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local de Concello. Teléfono 986 804 100 – Extensión 40846. WEB: http://depo.gal/labora-2020 E-mail: labora2020@depo.es

Top